AD

Actualidad

O Compostela Esgrima arrasa no primeiro Torneo Ranking Galego con 7 medallas

today10 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Excepcional inicio de tempada para o Compostela Esgrima no primeiro Torneo Ranking Galego, onde o club compostelán se alzou como o gran dominador da cita ao liderar o medalleiro con 7 medallas: tres ouros, dúas pratas e dous bronces. Ademais, destacou pola súa ampla participación, con 14 tiradores e tiradoras en todas as categorías.

Na categoría dos máis pequenos, M9 mixta, o debutante da Escola de Silleda Mateo Iglesias proclamouse subcampión galego, acadando a prata.

En M11 mixta, o protagonismo foi totalmente compostelán. O campión zurdo Xoel Díaz levou o ouro tras vencer ao seu compañeiro e tamén zurdo Cibrán Alvar, que logrou a prata. O bronce foi para Amelia Fernández, completando un podio de cor azul Compos.

Na categoría M13 mixta, o club sumou outras dúas medallas: ouro para Denís Lago e bronce para Alicia Mourelle.

Finalmente, en M15 feminino, Carolina Mourelle subiuse ao máis alto do podio coa medalla de ouro, mentres que a súa compañeira Carolina Darriba obtivo o bronce.

O excelente rendemento do Compos neste primeiro torneo autonómico confirma o bo momento da súa canteira. A seguinte cita será xa a nivel nacional, coa participación de dous equipos na 4ª División da Liga Nacional de Clubes de espada masculina absoluta en Madrid, e no Torneo Regional Ranking de Castilla y León, que se celebrará en Tordesillas durante esta fin de semana.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *