AD

Actualidad

O Enreguéifate arrinca unha novena edición doutro universo

today11 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan este proxecto de dinamización lingüística que pon en valor a regueifa, unha das expresións da poesía popular oral.
  • O programa de actividades inclúe accións formativas para escolares e profesorado e un certame regueifeiro aberto a toda a cidadanía.

11 de novembro de 2025.- O Enreguéifate presentou esta mañá as novidades da súa novena edición. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, continúa a consolidarse como un referente na divulgación da improvisación oral en verso –a regueifa– como vía para revitalizar o uso do galego, especialmente entre a mocidade.

Na presentación oficial participaron o alcalde de Ames, Blas García Piñeiro; a concelleira de Normalización Lingüística de Arzúa, Lucía López Sobrado; a concelleira de Cultura e Festas de Carballo, Maruxa Suárez Cotelo; o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei; e as formadoras e formadores do Enreguéifate Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Xairo de Herbón e Manuele Pardo, que abriron o acto regueifando. Á cita asistiron ademais responsables de normalización lingüística dos concellos impulsores.

Enreguéifate, versos doutro universo

Baixo o lema Enreguéifate, versos doutro universo, “esta edición convida a ollar e mudar este mundo desde outro universo, o da poesía oral improvisada”, segundo apuntaba a alcaldesa compostelá. Goretti Sanmartín subliñou ademais a importancia dun proxecto que este ano sumou un concello máis, o de Arzúa, nun “exemplo de colaboración e traballo conxunto entre administracións municipais co obxectivo principal de estender o uso do galego especialmente entre as crianzas e a mocidade, a través da creatividade, da palabra improvisada, da música e da retranca, poñendo en diálogo o patrimonio inmaterial galego co ámbito educativo e a participación cidadá”.

O programa de actividades arrincará este venres, 14 de novembro, cun obradoiro de formación para o profesorado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), conducido por Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. A actividade, gratuíta e con inscrición aberta ata mañá, 12 de novembro, a través da web do Enreguéifate, ofrecerá a 45 docentes de toda Galicia a oportunidade de coñecer o valor da regueifa como ferramenta didáctica. A través da improvisación

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *