Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 octubre, 2024
07/10/2024 Na Xunta de Goberno de hoxe deuse conta da contratación dun servizo de consultoría coa Cátedra de Dereito Local para elaborar a proposta de texto da nova ordenanza de convivencia. Así o anunciou a concelleira Míriam Louzao, que fixo repaso dos asuntos máis importantes tratados na sesión ordinaria; entre eles, a aprobación de sete convenios de colaboración cunha achega total de 232.000 euros e dos traballos no vertedoiro selado de Piñor para adecuado á normativa medioambiental actual
Segundo indicou a voceira do goberno, na Xunta de Goberno de hoxe luns deuse conta da contratación dun servizo de consultoría coa Cátedra de Dereito Local para elaborar a proposta de texto da nova ordenanza de convivencia.
«Estamos convencidas de que a mellor fórmula para garantir o respecto polo espazo público e a preservación da convivencia entre todos os intereses que nel conflúen á a educación. Nesta liña van as campañas que promovemos como ‘Fala baixiño’ ou ‘Fráxil’ e tamén moita da actuación que vén realizando a Policía Local, incluso en centros de ensino». Non obstante, subliñou, «tamén resulta patente a necesidade de contar cunha norma clara e máis detallada que funcione como código de conduta e que facilite o labor policial alí onde sexa necesario».
Nas vindeira semanas abrirase unha consulta pública ao respecto, como trámite previo necesario para a aprobación de novas ordenanzas.
Luz verde a convenios de colaboración con sete entidades por importe de 232.000 euros
A concelleira fixo en repaso dos restantes asuntos aprobados en Xunta de Goberno nunha rolda de prensa que comezou lamentando o asasinato machista dunha muller en Moaña e o acontecido na manifestación por Palestina.
Louzao deu conta da aprobación de sete convenios de colaboración con entidades dos ámbitos comercial, empresarial, social e cultural: coa comunidade de propietarios centro comercial Área Central para levar a cabo un programa de dinamización comercial por importe de 35.000 euros; tamén coa Unión de Cooperativas EspazoCoop para actividades de fomento e mellora da economía social en Compostela no marco da acción de promoción económica para o ano 2024 e da Axenda Urbana 2030 por importe de 39.000 euros; coa Cámara Oficial de Comercio, para a posta en marcha de programas formativos de alta eficacia dirixidos a persoas emprendedoras, para o fomento da cultura do emprendemento e para servizos de consultoría empresarial ás persoas emprendedoras e ao tecido empresarial municipal por importe de 75.000. Dentro do ámbito da promoción económica, tamén se deu luz verde ao convenio coa Asociación Área Empresarial do Tambre no marco do programa Compostela Móvese 2024 e da Axenda Urbana 2030. por importe de 50.000,00 euros
Tamén tiveron luz verde os convenios coa USC para a realización da VI Feira de Emprendedoras da comarca de Compostela por importe de 20.000,00 euros; coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para o financiamento do programa «Vacacións en Paz 2024». por importe de 8.000; e coa Asociación Cultural A Rocha Forte por importe de 5.000 €,
Así mesmo, aprobáronse definitivamente tres subvencións municipais complementarias ás convocadas ao abeiro dos plans estatais de vivenda nas áreas de rehabilitación rexeneración e renovación urbana (ARRUs) delimitadas no Concello de Santiago de Compostela por un importe global de 23.024,14 euros.
Traballos no vertedoiro de Piñor
Nesta sestión tamén se aprobou o proxecto básico e de execución da obra de «adecuación á normativa medioambiental do vertedoiro selado de Piñor», cun orzamento de 91.383,04 euros e un prazo de execución de 6 meses.
O vertedoiro de Piñor estivo en explotación desde o ano 1995 ata o 2005 recibindo os RSU do Concello de Santiago de Compostela. En agosto de 2007, trala realización das obras de selado e rexeneración do emprazamento por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, asínase a acta de entrega.
O estado actual do vertedoiro é de Instalación Pechada/Clausurada pero pasados estes anos corresponde realizar unha serie de actuacións para adecuar as instalacións ás condicións actualmente esixidas pola lexislación ambiental. As obras incluídas no proxecto perseguen os seguintes obxectivos: seguir mantendo o illamento dos residuos acumulados; eliminación de edificios e instalacións remanentes do vertedoiro; mantemento e reposición do valado de peche da parcela; control das augas superficiais para minimizar volumes existentes, controlar calquera escorrentía causante de remoción de sólidos e calquera fluxo incontrolado de augas pluviais; maiores facilidades de acceso para a conservación e vixilancia post-clausura; recuperación da calidade paisaxística da zona ocupada polo vertedoiro; minimización doutros posibles impactos ambientais; e traballos complementarios.
Con estes traballos trátase de garantir e vixiar a superficie do vertedoiro clausurado e asegurar a súa estabilidade a longo prazo, e manter á vez a súa integración na contorna.
Axudas ao deporte federado
Nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o pasado venres aprobouse a resolución e contías das subvencións para o fomento do deporte federado 2024, que recaeron en 53 entidades por un valor total de 330.999,78 euros
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)