AD

Actualidad

O Millarock segue crecendo e reúne a máis de 2000 persoas no Milladoiro

today3 agosto, 2024

Background
share close
AD

Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke, Onda Dagda e a Casa do Rock foron os grupos encargados de abrir o programa “Ames en Festas”. Nesta XIII edición do Millarock que se celebrou o pasado venres, 2 de agosto, acudiron un total de máis de 2000 persoas entre os escenarios de Travesía do Porto e do anfiteatro.

Máis de 2000 persoas se congregaron diante dos escenarios do Millarock 2024 para desfrutar dos mellores grupos de rock do panorama galego. Nesta nova edición do festival, xa consolidado dentro do panorama musical galego, foron Dakidarria, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda os encargados de poñer a nota musical.

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García explicou que “en Ames apostamos polo talento local e facemos festas para toda a veciñanza. A cultura e os gustos son moi diversos e temos o deber de responder ás demandas de toda a cidadanía. En Ames témolo todo para todos e todas”.

Este ano, como novidade, a rapazada puido desfrutar da Casa do Rock a partir das 19.00 horas cun concerto didáctico e posteriormente, ás 20.00 horas, co obradoiro “Sube e Toca”.

Dende o Concello de Ames este ano seguiuse apostando polo talento amesán con Onda Dagda, grupo da Factoría que participa en diversas actividades organizadas polo Concello, e Biribirlocke, que despois dunha temporada en branco volveu aos escenarios coa forza, alegría e potencia que viñan traendo durante os últimos anos.

Agoraphobia, e Dakidarría, esta última de recoñecida traxectoria e con máis de 20 anos de experiencia ás costas no mundo da música, foron os encargados de poñer ao peche a esta nova edición do Millarock.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%