Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 noviembre, 2025
O papa León XIV iniciou este xoves en Ankara o seu primeiro viaxe apostólico, unha xira por Turquía e Líbano na que asegurou que a súa mensaxe será “abogar pola unidade dos cristiáns e enviar un chamamento á paz, ao diálogo e a camiñar xuntos a pesar das diferenzas e das diferentes relixións”.
Durante as dúas horas e media de voo rumbo á capital turca, o pontífice mantivo unha longa conversa cos xornalistas, na que compartiu confidencias persoais e mesmo fixo un anuncio que non pasou desapercibido: “Podedes ter máis que esperanza” ao ser preguntado sobre a posibilidade dunha futura viaxe a España.
O papa, de orixe estadounidense pero con ascendencia cántabra por liña materna, recibiu durante o voo varios agasallos dos correspondentes, entre eles o escudo heráldico da súa familia entregado pola xornalista de COPE Eva Fernández. Entre sorrisos, tamén recordou ter feito un treito do Camiño de Santiago “en coche”, e non descartou facelo de novo “a cabalo”, seguindo a broma dos reporteiros coñecendo a súa afección polos equinos.
Ese interese polo Camiño de Santiago foi precisamente o que motivou a presenza hai varias semanas en Roma dunha delegación galega encabezada pola concelleira de Turismo de Arzúa e presidenta da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, Begoña Balado, unha das protagonistas da visita institucional que se desenvolveu na Praza de San Pedro.
No marco da audiencia xeral, Balado—xunto a varios rexedores e representantes da Asociación Calle Mayor de Europa—entregou ao pontífice un bordón xacobeo e unha vieira de Sargadelos, como convite oficial para que peregrine polo Camiño Francés coincidindo co próximo Ano Santo 2027. A iniciativa forma parte do programa cultural e espiritual Almas do Camiño, impulsado pola Mancomunidade.
En declaracións a EFE, a representante arzuá destacou a acollida “calurosa e sincera” que mostrou León XIV: “O papa sorprendeunos gratamente cando dixo que ‘quizais’ poida acompañar aos peregrinos nalgún treito. Sería un feito histórico para Galicia”, subliñou.
A carta entregada ao Vaticano anima a León XIV a percorrer parte da senda máis concurrida da rede xacobea, que atravesa once concellos galegos antes de chegar a Compostela. Balado resaltou que unha eventual presenza do papa na ruta sería “un símbolo de esperanza e un chamamento global á convivencia e á paz”, ademais de supoñer un impulso internacional decisivo de cara ao Xacobeo 2027, cando a festividade do Apóstolo volverá coincidir en domingo e se reabrirá a Porta Santa da Catedral de Santiago.
O interese expresado polo pontífice durante o seu voo a Turquía, unido ao entusiasmo mostrado ante a delegación galega, deixa aberta a porta a unha visita histórica a Galicia que podería marcar un antes e un despois no próximo Ano Santo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)