Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 abril, 2024
Santiago, 12 de abril de 2024.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixou este xoves a Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia, dando por concluída a sesión de investidura que comezou o pasado martes.
O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta resultou elixido por maioría absoluta, con 40 votos a favor, 34 en contra e unha abstención.
Rematado o escrutinio, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, proclamou presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela.
O presidente do Parlamento comunicará a elección á súa maxestade El-Rei, para o nomeamento de Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta, conforme ao disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.
O referido artigo sinala: “Se o Parlamento outorga a súa confianza ao candidato, o presidente comunicarao a El-Rei para o seu nomeamento, mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia«.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)