Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A proposición socialista reclama suprimir a zona azul ata que non exista acordo para ofrecer unha “solución global” ao problema de mobilidade no Clínico: o goberno votou en contra desta iniciativa
O Grupo Socialista facilitou a aprobación dos orzamentos municipais con críticas a Sanmartín por “falta de transparencia e talante” logo de recibir 43 alegacións
Mercedes Rosón instou á Xunta a definir por lei o concepto de vivenda baleira para poder intervir nas 6.000 vivendas desocupadas de Santiago
Unanimidade na moción socialista para crear un Museo da Ourivería
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024. O pleno da corporación municipal acordou por maioría instar ao goberno local a retiar a zona ORA en Santa Marta. O acordo chega despois de que o 6 de marzo entrara en vigor a zona azul nas rúas adxacentes do Hospital Clínico. Unha medida que, desde as filas socialistas, cualifican de ineficaz xa que, critican, “non resolveu ningún problema, senón que o trasladou”.
Gonzalo Muíños, o encargado de defender a proposta dos socialistas, explicou que coa implantación da ORA nesas rúas, os vehículos ventosa, os que permanecen aparcados durante un período prolongado de tempo, pasaron a aparcar directamente no propio recinto do CHUS: “algo que complicou, máis aínda, unha situación que era mala desde un principio”.
Segundo explicou o portavoz dos socialistas mentres as rúas azuis permanecen baleiras durante boa parte do día, a zona fronte a consultas externas está colapsada incluso antes de que comecen as consultas: “saben vostedes o efecto pernicioso da medida, que vostedes puideron plantexar coa mellor das vontades, pero que está a provocar, e non fan nada?” interpelou Muíños a Xan Duro, responsable de Mobilidade do goberno local.
Segundo Muíños, na decisión de manter a zona ORA a pesar de ser coñecedores de este efecto “ten un compoñente de empezonería política”. Lembra que a decisión foi implantada sen previo diálogo coa veciñanza da zona e que, agora, as consecuencias téñenas que sufrir traballadores e usuarios do CHUS: “non se entende que non rec6fiquen”.
“Semella que se quere empregar os vehículos ventosa como ariete contra a Xunta”
O portavoz socialista cuestionou que no fondo da decisión de non rectificar estea tamén a “utilización” dos usuarios do CHUS como “ariete contra a Xunta”, toda vez que a xestión da mobilidade dentro da propia parcela do CHUS, onde actualmente se está a tensionar máis a situación, é do SERGAS.
“Comezo a desconfiar que o que se quere é tensar máis a corda, que os vehículos aparquen en masa no parking do CHUS e, así, con unha situación peor, a Xunta verase obrigada a actuar” cuestionou o edil socialista que reclamou a rectificación ata que non se chegue a un acordo para ofrecer unha solución “global” ao problema da mobilidade no CHUS.
Así, no texto que foi referendado tamén polo Partido Popular, instase ao goberno local a seguir coas negociacións coa Xunta para que esta, di textualmente o acordo apoiado polos de Verea, “asuma as súas competencias construíndo un aparcadoiro dimensionado acorde ás necesidades dun equipamento sanitario de ámbito supramunicipal” e adopte, tamén, “as medidas máis axeitadas para abordar a mobilidade na zona de xeito global”.
Aprobados definitivamente os orzamentos municipais para o 2024
O Grupo Socialista facilitou a aprobación dos orzamentos municipais ao consideralos “bos para Compostela”. Uns orzamentos “sociais e progresistas” segundo o seu portavoz, que insistiu ademais na liña continuista das contas para o 2024: “danlle continuidade aos grandes proxectos que o goberno socialista puxo en marcha no pasado mandato”
Unha aprobación que non estivo exenta de críticas. Marta Abal cuestionou a actitude do executivo de Sanmartín logo de recibir 43 alegacións ás contas municipais: “faltoulles transparencia e talante” asegura. A edil socialista acusou ao goberno local de incumprir o Convenio Colectivo do Concello tal e como denuncian os traballadores municipais e a propia CIG.
Ademais, Abal denunciou a falta de talante en relación coa reclamación das veciñas e veciños representados pola Asociación de Veciños Volta do Castro – O Rial: “somos conscientes de que os recursos son limitados, pero de verdade era necesario chegar a este punto?” interpelou a edil socialista ao goberno local, recordándolle que dispón de diferentes partidas orzamentarias para facer fronte ás solicitudes da asociación. Nese sentido, o propio Gonzalo Muíños acusou a Sanmartín de manter una actitude “pouco dialogante” a pesar de que, como recordou, na súa toma de posesión asegurou que “este ía ser o goberno do diálogo e das portas abertas”: “dime de que presumes e direiche de que careces” criticou con sorna Muíños.
Finalmente era tamén o portavoz dos socialistas o que confirmou que esas actuacións en Rial de Conxo realizaríanse, logo de negocialo co goberno: “ademais hai un acordo plenario, así que, como a señora Sanmartín sempre dixo, os acordos plenarios deben respectarse” sentenciou.
“Xa non ten escusas”
O portavoz dos socialistas defendeu que con este trámite final das contas municipais “remátanse as escusas” do execu6vo a quen acusou de non cumprir coas promesas electorais nos 8 meses que levan gobernando: “Oito meses nos que o seu máximo mérito foi vivir das rendas do partido socialista, de inaugurar os parques que nós deixamos en marcha, asfaltar as rúas que nós deixamos contratadas e presumir dos servizos municipais que nós renovamos”.
Muíños que reivindicou o rol do Grupo Socialista como un exemplo de política “esixente pero ú6l”. Neste sentido, puntualizou que na tramitación dos orzamento, fronte un acordo “precoz” de orzamentos, “no que os socialistas puxemos na nosa parte para que o houbese”, “houbo 43 alegacións por un equipo de goberno que pecou de soberbia e arrogancia” asegurando que os feitos “demostran a diferencia entre uns e outros”.
Avanzaron ademais os socialistas unha oposición “vixiante” fiscalizando a acción de goberno agora coas contas municipais aprobadas: “pedímoslle que saiba estar á altura, xa non ten escusas” asegurou Muíños.
Unanimidade para crear un museo da Ourivería
Os socialistas levaron a pleno unha moción instando ao goberno local a iniciar os traballos para a creación dun museo da Ourivería. Explicaba Mercedes Rosón que esta inicia6va podería canalizarse a través da Comisión de Seguimento creada para vertebrar o Plan Estratéxico da Ourivería e na que están representadas tamén a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Precisamente no arranque do pleno interveu Arturo Ouro, en representación da Asociación Ourives de Compostela, agradecendo a presentación desta inicia6va e recalcando o valor estratéxico de ese museo. Rosón defendeu que a ourivería trátase dun sector “estratéxico con un valor histórico e potencial de futuro que debemos aproveitar e impulsar desde as administracións públicas”.
Definir que é vivenda baleira para intervir no parque das 6.000 que hai en Santiago
Outra das propostas que os socialistas levaron a pleno foi una proposición para instar á Xunta a definir por lei o que é vivenda baleira e, así, poder intervir desde as administracións públicas nese parque que en Santiago supón máis de 6.000 vivendas desocupadas. “De novo, vemos o desinterese da Xunta en polí6ca de vivenda” criticou Mercedes Rosón que puxo o exemplo do País Vasco onde si se están a desenvolver políticas para mobilizar as vivendas baleiras ao mercado de alugueiro.
A proposición, que contou co voto favorable de CA e BNG, recibiu o voto en contra dos de Borja Verea “algo que chama a atención, xa que o propio presidente da Xunta confimáralle á alcaldesa o ano pasado que ía a facelo” un compromiso que “evidentemente, non cumpriu”.
Written by: Líder Redacción
compostela orzamentos pleno politica radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)