AD

orzamentos

26 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Actualidad

Raxoi aproba o proxecto de orzamentos municipais para o 2025

AXunta de Goberno deu luz verde esta mañá ao proxecto de orzamentos municipais para este ano que ascende a máis de 146 millóns de euros, un 2,60% de incremento con respecto ao exercicio anterior. Esta proposta, que terá que ser sometida ao Pleno para a súa aprobación inicial, foi froito dun acordo asinado o pasado 14 de xaneiro polos grupos que conforman o goberno de Santiago, BNG e Compostela Aberta, co grupo municipal socialista.  A voceira do Goberno municipal, Míriam […]

today17 febrero, 2025

Actualidad

Verea pregúntase en que mellorou Santiago nestes 10 anos de alianza BNG-PSOE-CA

“Ler os proxectos dos orzamentos de 2025 é a confirmación desta alianza ineficaz”. E é que “son os mesmos anuncios da mesma foto do ano pasado”, lamentou Verea O tamén deputado no Parlamento de Galicia deixou claro que “hoxe en Santiago só hai unha alternativa a esta longa unión de BNG, PSOE e CA, que é a nosa, e ten un obxectivo: volver a poñer Santiago en marcha” En relación ao acordo de orzamentos para 2025, o líder do Partido […]

today15 enero, 2025

Actualidad

VIDEO | O goberno de Santiago pecha un acordo de orzamentos para 2025

O goberno de Santiago destaca a importancia de chegar a un acordo polo interese xeral da veciñanza. Un orzamento “enfocado ás necesidades reais de Compostela, ambiocioso mais equilibrado e na liña de modernizar a administración, de facela máis eficaz e de prestar servizos de calidade”. Así, o executivo local explica que se trata dun orzamento que se achega aos 146 millóns de euros. Os gastos correntes ascenden a uns 133 millóns e os investimentos reais sitúanse nos 13 millóns. Complementariamente […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Estas son as últimas propostas do PSOE de Santiago para votar a favor dos orzamentos 2025

  A comisión negociadora do Grupo Municipal Socialista vén de intercambiar co goberno local as últimas propostas que contemplan tamén accións ante o desafío da saúde mental, unha dobre convocatoria de Bonos Corazón e investimentos no rural “Temos claro que en tempos de bronca política e crispación, chegar a acordos nos que a cidadanía e o noso municipio sexa o máis importante é o responsable, o útil e o noso traballo como representantes cidadáns”, defende Muíños A negociación dos orzamentos […]

today13 enero, 2025

Comarca

O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns

O Concello contará para o vindeiro ano 2025 cunhas contas que medran un 15% respecto ás do presente exercicio A maior partida de gastos dedícase ao Servizo de Axuda no Fogar, á recollida e tratamento de residuos e ao mantemento da nova depuradora de Arca O alcalde destaca a boa xestión económica do equipo de goberno, que mantén o Concello sen débeda con entidades bancarias      O Pino. 17-12-2024.- O Concello do Pino contará para o vindeiro exercicio 2025 […]

today17 diciembre, 2024

Actualidad

Brión aproba uns Orzamentos de 7,7 millóns de euros

Son os primeiros orzamentos na historia do Concello de Brión que se abriron ao debate con todas as forzas políticas e no que se tiveron en conta algunhas das peticións dos grupos da oposición O Pleno solicítalle á Deputación da Coruña unha subvención nominativa de 350.000 euros para o acondicionamento e remodelación do campo de fútbol José Pumar de Bastavales 29 de maio de 2024. O Pleno Municipal de Brión aprobou esta mañá os Orzamentos Municipais para 2024, que se […]

today29 mayo, 2024

Actualidad

Oroso aproba uns Orzamentos de 8,7 millóns de euros

As contas de Oroso saíron adiante co voto favorable da maioría absoluta do PP, mentres PSOE e BNG votaron en contra O goberno local de Oroso aprobou onte en solitario o orzamento municipal para o ano 2024, que ascende a 8,7 millóns de euros. O alcalde Álex Doval sinala que é un documento "cun claro enfoque no gasto social e na conciliación familiar", ao asegurar que prioriza o benestar dos maiores e nenos, cunha partida de 800.000 euros para o […]

today14 mayo, 2024

Actualidad

A Baña aproba a ordenanza reguladora do PAI e a liquidación do orzamento de 2023

A Baña. 25-4-2024.- O Pleno da Corporación da Baña aprobou onte por unanimidade a ordenanza que inclúe o regulamento de réxime interior do Punto de Atención á Infancia (PAI).  Durante o período de exposición pública non se presentou ningunha reclamación a esta ordenanza. Na sesión tamén se deu conta da liquidación do orzamento municipal de 2023. Neste punto o alcalde, José Antonio Pereira, explicou que aínda que dita liquidación presenta un remanente positivo de 256.000 euros, o Concello sigue tendo […]

today26 abril, 2024

Actualidad

Frades aproba uns orzamentos de 2,39 millóns para este ano

      Contemplan case 620.000 euros para investimentos, case un 4% máis ca no exercicio anterior O Pleno de Frades aprobou os Orzamentos para 2024, que ascenden a 2.394.211,83 euros e medran un 1,28% con respecto ao ano 2023. Unhas contas que “garanten a eficacia e a eficiencia do sistema municipal, co obxectivo de ser unha entidade solvente e ben xestionada que lle ofreza os mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, asegurou o alcalde de Frades, Roberto Rey […]

today8 abril, 2024

AD