AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia «neglixencia» do BNG na xestión na contratación

today5 mayo, 2024

Background
share close
AD
  • A concelleira popular, Rosario Ferreiro, puxo como exemplo o retraso de máis de 9 meses nas obras de reurbanización da rúa García Lorca, por mor da non contratación, en tempo e forma, da dirección facultativa das mesmas.
  • Ferreiro reclámalle ao BNG que se tomen en serio o seu traballo e procedan a planificar e axilizar os procedementos de contratación, co fin de que non ocorran máis situacións como esta”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, vén de denunciar a “falta de dilixencia” que está a protagonizar a xestión do BNG e que afecta ata ás actuacións máis sinxelas. A popular puxo como exemplo o retraso, de máis de 9 meses, nas obras de reurbanización da rúa García Lorca, por mor de non dispor a tempo da contratación da dirección facultativa das mesmas.

Ferreiro denunciou esta situación e o BNG non puido facer máis que recoñecer que “a empresa adxudicataria solicitara a resolución do contrato como consecuencia do retraso en dita contratación, o que reflicte, subliñou a popular, que existiu unha mala planificación por parte dos nacionalistas”.

O contratista amparouse na normativa que lle faculta a renunciar á obra pola excesivo retraso no procedemento de contratación, polo que Ferreiro reclámalle ao BNG “que se tomen en serio o seu traballo e procedan a planificar e axilizar os procedementos de contratación, co fin de que non se dean máis situacións como esta”.

O contrato para a execución das obras na rúa García Lorca formalizouse en xullo de 2023 e, uns días máis tarde, se publicaba o servizo de dirección facultativa para a obra, pero a realidade é que rematouse de asinar o pasado 18 de abril.

A concelleira popular sinalou que “isto é só un exemplo máis, porque non podemos esquecer que é o mesmo caso que coas obras do pavillón municipal de Vite, primeiro licitan a obra e, cando xa  teñen asinado o contrato, danse conta de que non dispoñen da dirección facultativa para dirixila, o que pon de manifesto a mala planificación contractual dos nacionalistas”.

Para os populares resulta incomprensible que non se licitase a dirección facultativa á par da obra, ou incluso, que non se fixera antes que a obra e o que resulta máis inverosímil é que se empregase, para as dúas licitacións (obra e dirección facultativa), a figura do procedemento aberto simplificado, que permite a redución dos prazos, e que, ao final non valera para nada.

Rosario Ferreiro subliñou que, neste caso, “a consecuencia da falta de traballo e responsabilidade do BNG trouxo como resultado que esta obra estivese parada por máis de nove meses, que é o tempo que lles levou adxudicar o servizo de dirección facultativa, un tempo excesivo para a súa adxudicación”.

Finalmente, a concelleira popular lembra que “coma sempre, son os veciños da zona os que sofren as consecuencias desta demora, cando as obras xa podían estar en marcha dende o verán do ano pasado e haberá que ver que, cando formalicen o novo contrato da obra, o contratista da dirección facultativa siga interesado en continuar adiante, porque a este paso, ata o ano que vén, non comezarán as obras”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%