AD

Actualidad

O PP pídelle “sensibilidade, humildade e empatía” ao goberno compostelán para que «todos desfruten do Apóstolo»

today22 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

En aras ao consenso, o PP tende a man aos nacionalistas e se ofrece a traballar conxuntamente, para que “Alba de Compostela” sexa un acto de cidade, coa participación e o maior recoñecemento institucional posible.

José Antonio Constenla: “solicitamos que se convoque, canto antes, a comisión de Condecoracións, para debater democraticamente o cambio de datas, que nos permita a todos desfrutar ao 100% do Alba de Compostela e do Apóstolo”.

O vicevoceiro popular, José Antonio Constenla, solicitou hoxe, en rolda de prensa, “sensibilidade, humildade e empatía ao BNG, co fin de acadar un encaixe que satisfaga a todos e poidamos desfrutar do Apóstolo e tamén do acto de Alba de Compostela”.

“En aras ao consenso, o Partido Popular tende a man aos nacionalistas e se ofrece a traballar conxuntamente, para que “Alba de Compostela” sexa un acto de cidade, coa participación e o maior recoñecemento institucional posible”, subliñou o popular.

Constenla remarcou que “cremos que é o momento de que os nacionalistas abandonen empecinamentos ideolóxicos e comecen a actuar cunha maior visión institucional e de cidade, entendendo que Santiago necesita da concorrencia de todos”.

“Temos tempo para facer as cousas ben, podemos deseñar un acto de todos e propoñer á comisión de honras e condecoracións ás persoas que serán obxecto de recoñecemento ese día dentro do consenso”, indicou.

Por iso, insistiu José Antonio Constenla, “solicitamos que se convoque, canto antes, a comisión de Condecoracións, para debater de maneira democrática o cambio de datas, que nos permita a todos desfrutar ao 100% do Alba de Compostela e do Apóstolo, adquirindo protagonismo propio cada acto en diferentes días, sen necesidade de compartilo”.

O 25 de xullo, día do Apóstolo, Día de Santiago patrón da cidade, se celebra unha Ofrenda Nacional instituída en 1643 por Felipe IV, que ao longo dos anos, vense mantendo a tradición de que Reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades invocaran ao Patrón das Españas.

“Estamos ante un acto de singular relevancia, un acto de corporación e de cidade, que máis alá de perfís ideolóxicos, supón para a cidade unha icona e unha verdadeira imaxe de marca. En definitiva, unha tradición secular que nos empodera como cidade”, destacou.

Constenla indicou que “dada a singularidade, relevancia histórica e a máis alta representación das institucións que participan nese acto, todo aconsella a que ese día non se programen outras actividades institucionais municipais”.

Estes son os motivos polos que o ano pasado o Partido Popular liderou as críticas a que se establecese, sen consenso nin debate, ese mesmo día o acto denominado “Alba de Compostela”, xa que se perdeu a oportunidade de que un acto que tamén podería ser de cidade non pasase de ser un acto partidista, posto que hai que lembrar que o rexeitaban 17 concelleiros de 25, os 11 concelleiros do PP e os 6 do PSOE.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%