AD

Actualidad

O PP reclama dimisións pola suspensión do encontro da SD Gaiola por non estar aberto o pavillón

today12 enero, 2026

Fondo
share close
AD

 

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, considera “inaceptable e surrealista que un partido oficial tivera que ser suspendido, porque ninguén do goberno de BNG e CA se lembrou de abrir as instalacións”.

“Preguntámonos se para isto nomeou o goberno de BNG e CA un asesor específico para a área de deportes, para que o departamento estea peor que nunca, “o goberno nacionalista funciona como a oficina de colocación do BNG, pero os equipos da cidade seguen padecendo unha xestión lamentable”.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, pide “responsabilidades claras, inmediatas e contundentes” tras a suspensión da competición oficial de fútbol sala feminino no que participa a SD Gaiola, único equipo de fútbol sala feminino de Santiago, o que debería acarear dimisións inmediatas”.

“Non se pode xogar co traballo e as ilusións de xogadoras e afeccionados do SD Gaiola -dixo- e non pase nada, esiximos ao goberno nacionalista que dea explicacións publicamente e anuncie quen vai asumir a responsabilidade polo ocorrido”.

De la Fuente remarcou tamén que “o PP de Santiago reclama ao Concello que asuma as consecuencias que poidan derivarse para o SD Gaiola pola cancelación da xornada, a non haber ninguén para abrir o pavillón; e abone os custos de desprazamento que tiveron que afrontar as xogadoras e equipo técnico do club que veu dende fora de Santiago”.

“Non é ningunha sorpresa a nefasta xestión do goberno de BNG e CA, levamos tempo denunciando a falta de proxecto, ideas e impulso tamén no eido deportivo na cidade, empezando pola falta de instalacións adecuadas e dimensionadas ás necesidades da capital de Galicia, pero o que resulta vergoñento -subliñou- é que se poña de manifesto de forma tan clara e evidente para o resto do deporte galego”.

O edil popular insistiu en que “esperamos que o goberno nacionalista se poña en contacto cos equipos afectados, SD Gaiola, Atlético Arnoia e Rodeiro FSF, porque isto xa non é a primeira vez que ocorre, e lles pida desculpas e asuma as consecuencias que para eles tiveron, polo desleixo deste goberno”.
José Ramón de la Fuente pregunta “se para isto nomeou o goberno de BNG e CA un asesor específico para a área de deportes, para que o departamento estea peor que nunca, o goberno nacionalista funciona como a oficina de colocación do BNG, pero os equipos da cidade seguen padecendo unha xestión lamentable”.

“Pasado xa amplamente o ecuador do mandato, en materia de deportes, como no resto de departamentos, o balance do goberno nacionalista non pode ser máis paupérrimo: o único que hai son anuncios, pero feitos concretos, nada de nada, nin sequera están rematados os proxectos que lles deixou encamiñados o goberno de Bugallo, gustaríanos saber se a concelleira de Deportes está satisfeita co que está ocorrendo?”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *