Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 agosto, 2024
O concelleiro, Adrián Villa, propón a colocación de pegatinas nos colectores, cun código QR e o teléfono para solicitar a retirada destes residuos voluminosos, que ofrecen unha pésima imaxe ante a veciñanza e visitantes.
Villa demanda tamén unha aplicación móbil ou formulario web, sen necesidade de ter como vía única un teléfono fixo, “unha prestación, remarcou, que está á orde do día en numerosos servizos”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, reclama aos nacionalistas a posta a disposición da veciñanza de máis e mellor información sobre a recollida de enseres de tamaño importante nos colectores repartidos polo Ensanche e o Casco Histórico.
“Hai unha clara falta de información para os usuarios e usuarias, o que nos leva a atopar calquera cousa de gran tamaño tirada polas rúas máis céntricas da cidade diante dos distintos colectores todos os días”, remarcou Villa.
O popular destacou que, “noutras cidades, o Concello coloca placas ou pegatinas indicando o número de teléfono do servizo, co fin de que os veciños e veciñas saiban que contan con este servizo, evitando así ver mobles, electrodomésticos ou elementos voluminosos das vivendas a carón dos colectores durante varios días, o que xera un prexuízo tanto a veciñanza como aos propios traballadores da empresa de recollida”.
Ademais, tal e como indica o edil popular, “co inicio do curso universitario, como sucede cando rematan no mes de xuño, observamos con claridade esa falta de información, xa que a maioría dos estudantes non teñen coñecemento sobre o servizo”.
Villa demanda tamén unha aplicación móbil ou formulario web, sen necesidade de ter como vía única un teléfono fixo, “unha prestación, remarcou, que está á orde do día en numerosos servizos”.
“Unha simple pegatina nos propios colectores cun código QR e o teléfono para a recollida deste tipo de residuos serviría para que a veciñanza poida ter coñecemento e así evitar esa mala imaxe que soportan veciños e visitantes”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)