Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Para a concelleira, María Baleato, é necesario o acondicionamento xeral deste espazo, coa realización de melloras na sinalización e numeración dos nichos; a reparación dos pasos interiores entre sepulturas en terra e a posta en valor do patrimonio funerario.
A popular sinala que “un cemiterio destas dimensións require unha sinalización axeitada, porque é imposible atopar un nicho ou unha sepultura dun xeito sinxelo, posto que a numeración non é correlativa nin responde a unha orde coherente”.
O Partido Popular de Santiago reclámalle ao BNG que leven a cabo as melloras necesarias para “adecuar e dignificar” o cemiterio municipal de Boisaca, o maior espazo funerario da capital de Galicia.
A concelleira popular, María Baleato, destaca que “a imaxe global do cemiterio municipal é mala e, aínda, que se fixeron melloras, as actuacións acometidas non son suficientes, posto que é imprescindible que este espazo, moi respectado e querido pola veciñanza compostelá, precisa de reformas de maior calado”.
Baleato explica que “hai que actuar en materia de sinalización, posto que resulta completamente imposible atopar un nicho ou unha sepultura dun xeito sinxelo, xa que a numeración non é correlativa, nin responde a unha orde coherente”.
“Tamén é preciso acondicionar os pasos intermedios entre as sepulturas en terra, que se atopan en moi malas condicións e que dificultan o acceso ás mesmas, co conseguinte risco de caídas”, subliña a popular.
Así mesmo, a popular considera que “hai que arranxar un pozo abandonado e mesmo limpar o muro exterior do cemiterio, entre outras actuacións, co que melloraría a estética do lugar así como a replantación das pérgolas que se atopan tamén en estado de semi abandono”.
Finalmente, destaca que “todo isto sen esquecer que, no cemiterio, hai elementos patrimoniais funerarios de relevancia artística, que deberían ser postos en valor así como certos nichos e tumbas que sería interesante significalos, fóra dos que xa están no seu Xardín de Ilustres.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)