Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 mayo, 2024
O líder popular remarcou que “os nacionalistas recoñecían que había un informe de Patrimonio que prohibía as accións previstas no Obradoiro, supoñemos que, se ese documento era desfavorable, é porque advertía de posibles danos no noso patrimonio, polo que queremos que se faga público dito informe”.
“Santiago non se merece un goberno que non dignifique, non protexa e non coide a súa esencia, como é o noso patrimonio e, por riba de todo, a praza do Obradoiro e a nosa Catedral”, asegurou.
Borja Verea, esixiu hoxe, en rolda de prensa, que o BNG dea a coñecer quen foi o que autorizou o evento do pasado mércores na praza do Obradoiro, a pesar de contar cun informe negativo e, se tras os danos producidos, se van a asumir responsabilidades.
Para o líder popular, “se alguén permitiu estes eventos cun informe negativo e, como consecuencia destas actuacións, hai danos na praza do Obradoiro queremos saber se se vai asumir algún tipo de responsabilidade ou se vai dar algún tipo de explicación ou, se polo contrario, aquí da igual o que se faga, porque non pasa nada”.
Ante esta situación, Borja Verea remarcou: “temos algunhas preguntas que queremos que nos conteste o BNG, xa que antes de dar comezo as festas da Ascensión, os nacionalistas recoñecían que había un informe de Patrimonio que prohibía as accións previstas no Obradoiro, supoñemos que, se ese informe era desfavorable, é porque advertía de posibles danos no noso patrimonio, polo que queremos que se faga público dito documento desfavorable para as actuacións con grandes tráileres nesta praza”.
O líder popular destacou que, tras as actuacións con grandes camións, son visibles importantes danos, xusto na zona onde se apoiaron eses vehículos, polo que “queremos saber si estes danos foron analizados polos técnicos do Concello e se son consecuencia, como todos supoñemos, das actuacións con grandes camións”.
“Estamos falando dunha praza que é Patrimonio da Humanidade, unha das prazas máis importantes do mundo, e o goberno de Santiago debería ser o máximo garante de protexer o noso patrimonio”, incidiu.
O BNG debe dar explicación
“Non se pode aceptar que, cun informe desfavorable sobre a mesa, se autoricen eventos
que danen o noso patrimonio, polo que lle facemos tres preguntas ao BNG: queremos
coñecer, e que se faga público, o contido exacto dese informe desfavorable; queremos
saber tamén quen autorizou as actuacións, sabendo que existía dito documento; e
queremos saber se os danos materiais sufridos na praza do Obradoiro, son consecuencia
destas actuacións, así como o alcance dos mesmos; e, por suposto, se alguén ten pensado
asumir algún tipo de responsabilidade”, reiterou Borja Verea
O popular subliñou que “esta cidade non pode aceptar estas cuestións, xa que estamos ante feitos moi graves, é a primeira vez que se autoriza un evento destas dimensións contando cun informe negativo de Patrimonio e aquí non pasa nada”.
Finalmente, destacou que “estes eventos, como parece, ocasionaron grandes danos na praza do Obradoiro, unha praza patrimonio da Humanidade e ninguén do BNG asume ningún tipo de responsabilidade, nin da ningún tipo de explicación, e aquí non pasa nada. Santiago non se merece un goberno que non dignifique, non protexa e non coide a súa
esencia, como é o noso patrimonio e, por riba de todo, a praza do Obradoiro e a nosa
Catedral”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)