Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 septiembre, 2024
Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente e Olaya Otero, definiron hoxe, en rolda de prensa, “de auténtica cacicada” a decisión do BNG de non permitir a prórroga no servizo activo do Interventor municipal por un ano máis, despois de que xa lle fóra outorgada unha anterior, sen maior problema.
O edil popular, José Ramón de la Fuente, preguntouse que ten acontecido para que esta situación mudase?, todo parece indicar, asegurou que, “agora, temos un goberno nacionalista que pretende colonizar a administración municipal”.
Cabe sinalar que a función interventora a exerce un funcionario con habilitación nacional, cunha lexislación especial, que ten como misión protexer a súa autonomía funcional. Ademais, as súas funcións son a do control e fiscalización interna da xestión de tipo económico, financeira e a xestión orzamentaria do goberno local.
De la Fuente preguntouse se son precisamente ditas condicións as que lle resultan “incómodas aos nacionalistas, porque ademais de ter o control neses eidos, “tamén está dotado dunha especial protección legal, co fin de garantir a súa independencia”, aclarou.
Para os populares, a decisión do BNG no tería maior problema de basearse en razóns organizativas ou obxectivas, aplicables a todas as situacións similares, ao non ser así, engadiu De la Fuente, “preguntámonos se se teñen denegado outras solicitudes de prolongación de servizo activo?, só se denegou esta? e cales foron os motivos?”.
“Segundo dixo o popular, xustifican a súa decisión na busca dun perfil profesional, máis moderno na función de control; máis proactivo no uso da tecnoloxía e máis proclive aos cambios, escusas estas, agregou De la Fuente, que son “premeditadamente ofensivas; e, curiosamente, ningunha delas con aparente encadre en ningunha das circunstancias que xustificarían a denegación, segundo a Lei de Función Pública de Galicia, que atañe a razóns organizativas ou funcionais; a avaliación do desempeño do solicitante; e a capacidade psicofísica do solicitante, apreciada mediante certificado de aptitude médico-laboral”.
“Todo parece indicar que se prescinde do Interventor, porque pon en evidencia, con cada informe, a incapacidade de xestión dos nacionalistas e a decisión do BNG transita pola imprecisa, confusa e fina liña que separa lo discrecional do arbitrario”, incidiu.
Os populares seguímonos preguntando cal é a modernidade que busca a alcaldesa?, busca un perfil de Interventor que mire para outro lado se se intenta de novo o aluguer de autobuses sen licitación previa, en lugar de declaralo nulo de pleno de dereito, como fixo o interventor actual? ou buscan un funcionario que acepte como ordinario e normal o pago de facturas polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, que é un procedemento absolutamente extraordinario, como denunciou o actual interventor?, que perfil de Interventor busca a alcaldesa?, un que non sexa incómodo?, un que exerza a súa función de control interno e fiscalización con profesionalidade ou un que saiba facer os seus informes en Power Point?
Pola súa banda, Olaya Otero destacou que queda ben claro que “temos un goberno nacionalista que pretende colonizar a administración municipal, e temos moitos exemplos disto, como o incremento de asesores, para intentar enmascarar o goberno mais exiguo da democracia, con 8 concelleiros dun total de 25, algún destes postos ocupados por membros da candidatura do BNG”.
“Ao coñecer a non renovación do Interventor é imposible non facer referencia, unha vez mais, ao importante número de asesores dos nacionalistas, 14 para un goberno de 6+2, hai que lembrar que o goberno de Bugallo tiña 8 para 10 concelleiros, é dicir, neste caso, xa van 7 asesores, camiño de 10, en menos de ano e medio”, remarcou a popular.
Otero subliñou que “a realidade é que o BNG creou un sultanato de 30 persoas, polo que é fácil facer a suma: 14 asesores, mais os 7 altos cargos camiño de 10; e os concelleiros suman a redor de 30, o que supón un custo de persoal, sen contar os concelleiros, que suporá un acumulado de gasto de mais de 6 millóns durante este mandato”.
Por outra banda, a popular indicou que, xa que presumen de transparencia, instámolos a que fagan público o listado de asesores e altos cargos que forman parte deste concello, xa que non é moi comprensible que non estean publicados eses datos no Portal de Transparencia e por que non se facilita á veciñanza o acceso a este tipo de información?”.
Finalmente, Olaya Otero remarcou que, “unha vez mais, temos que esixir aos nacionalistas que deixen de actuar como si o concello fose o seu feudo particular e comecen a gobernar con responsabilidade e transparencia”.
Escrito por Líder Redacción
denuncia interventor noticias compostela politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)