AD

Actualidad

O PSOE advirte que nos orzamentos da Xunta non hai partida para o aparcadoiro do Clínico

today19 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

 

O portavoz socialista asegura que a Xunta “non se toma en serio a capital de Galicia” ao quedar en 2,6 millóns de euros a aportación pola capitalidade “moi lonxe dos case 3,2 que chegou a destinar o goberno de Touriño no 2009” 

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2024. Os orzamentos da Xunta de Galicia destinados a Compostela son “máis do mesmo” e amosan “unha absoluta desconexión do Partido Popular coas preocupacións reais das veciñas e veciños de Santiago”. Así o denuncia desde o Grupo Municipal Socialista o seu portavoz, que se amosou moi crítico con que, desde o goberno galego, “tenten vender como invesmentos bos para a veciñanza” os 14 millóns para a ampliación do edificio administrativo de San Caetano ou os 1,2 millóns para a mellora enerxética da Consellería de Medio Ambiente: “parece bastante ridículo, porque en nada vai afectar ao día a día da xente”.

Gonzalo Muíños que acusou ao Partido Popular de “non tomarse en serio” a capital de Galicia, ao incluír unha suba da aportación ao estatuto da Capitalidade de “só” o 10%. Así, a partida elévase ata os 2,6 millóns de euros, “de novo, moi lonxe dos 3,18 millóns que chegou a destinar o goberno de Touriño no 2009” lembra. Muíños insiste na relevancia desta aportación que contribúe a sufragar os sobrecustos que Compostela ten por ser capital de Galicia en materia de seguridade ou servizos básicos, por exemplo.

O protocolo para a mobilidade no CHUS sen partida específica

O portavoz socialista advertiu ademais que as contas “parecen confirmar” que o protocolo que o goberno local asinou coa Xunta para abordar a mobilidade no entorno do CHUS “é papel mollado”. Explica Muíños que, nunha primeira revisión das contas do goberno galego non se atopa ningunha partida específica para o aparcadoiro do Hospital Clínico, “a pesar de que nos chegaron a dicir que o problema xa estaba solucionado”: “cando vai estalo se non hai cartos reservados para facelo?”.

Xa desde o Grupo Municipal Socialista advertiron nos últimos meses que ese protocolo asinado pola propia alcaldesa non implicaba ningún compromiso formal para a execución das actuacións necesarias para facilitar o estacionamento e mellorar a mobilidade na contorna do CHUS. De feito, o propio documento especifica que se deberán desenvolver convenios específicos para abordar cada unha das cuestións que se recollen no protocolo.

Os socialistas botan en falta ademais que nos orzamentos se inclúa a construción do conservatorio de danza que levan reclamando de forma reiterada, a ampliación do Conservatorio de Música “que pide a comunidade educativa” ou un centro de día no barrio de Fontiñas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%