AD

Actualidad

O PSOE endurece a súa oposición en Santiago: “será esixente e insistente”

today5 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2024. A licitación de obra pública en Santiago descendeu, entre xaneiro e agosto deste ano un 64,92%, pasando dos 7,05 millóns de euros do 2023 aos tan só 2,5 millóns de este. Son os datos que proporciona a Federación Galega de Construción e que, segundo o Grupo Municipal Socialista, veñen a confirmar unha “relentización no funcionamento do Concello”.

Así o asegurou este sábado o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, quen cualifica os datos de “alarmantes”, sobre todo, “porque hai proxectos que teñen financiación europea que non avanzan na súa licitación e que, de facelo, suporían un incremento considerable nesa cifra”.

Muíños cita entre estes proxectos, o ecobosque do Banquete de Conxo, que prevé replantar a zona con especies autóctonas; a posta a punto dos polideportivos de Vite ou Santa Isabel ou o proxecto ‘Entre Sar e Sarela’, que contempla actuacións na lagoa do Auditorio, en Pontepedriña, no Viso ou a creación do Xardín Botánico no Campus Sur.

Oposición “esixente e insistente”

“Proxectos hai e financiación tamén” conclúe o portavoz socialista que advirte que, detrás do descenso na licitación de obra pública está un fallo na “tramitación e impulso” dos mesmos. Precisamente adianta Muíños que ese será un dos focos nos que se centrará a acción opositora do Grupo Municipal Socialista nos vindeiros meses, facendo unha oposición “esixente e insistente” para que “o goberno impulse de forma decisiva estas actuacións”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%