AD

Actualidad

O PSOE impulsará que Compostela sexa declarada zona de mercado residencial tensionado

today23 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Con isto poderá limitarse o prezo dos alugueiros co obxec9vo de “garan9r o acceso a unha vivenda digna en condicións asumibles”
  • Mercedes Rosón cri9ca que a Xunta traslade a competencia para a declaración de zonas tensionadas aos concellos e que “troque os requisitos” para “entorpecer o trámite”: “nin fai nin deixa facer”

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024. Co obxectivo de regular os prezos do alugueiro en Santiago e “garantir o acceso a unha vivenda digna en condicións asumibles”, o Grupo Socialista impulsará que Compostela sexa declarada zona de mercado residencial tensionado. Será no pleno do próximo luns onde se debaterá a proposición socialista coa que buscan o acordo da corporación para instar á Xunta a proceder a esta declaración e “facer fonte ao alto prezo da vivenda na capital”.

“Os datos son claros e non admiten réplica” asegura Mercedes Rosón, que destacou que o alugueiro creceu, nos últimos cinco anos, un 76% na zona vella, un 62% no Castiñeiriño, un 61% de Santa Marta e un 39% no Ensanche: “a situación do mercado de vivenda en Santiago é preocupante e faise imprescindible tomar a iniciativa para corrixir esta deriva”.

A proposta dos socialistas pasa tamén por instar ao goberno local a iniciar os trámites para motivar a solicitude á Xunta, polo que deberán constituír unha mesa sectorial cos colexios profesionais, axentes inmobiliarios e promotores de vivenda. Neste sentido, Rosón afea ademais á administración autonómica que “transfira unha competencia autonómica aos concellos”, que son os responsables de elaborar a proposta para a súa consideración e acusa á Xunta do Partido Popular de “intentar entorpecer o trámite, trocando os requisitos e engadindo novas esixencias non recollidas na lei estatal”.

O 82% dos fogares composteláns sitúanse en zonas tensionadas

Segundo o estudo realizado polo Atlas Real State Analytics ata o 82% dos fogares composteláns sitúanse en zonas tensionadas, concentrándose nos barrios do centro da cidade. Non só iso, Rosón lembra que o simulacro que fixo o propio Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Xunta, sinalaba que o concello máis tensionado de Galicia era o de Compostela. Unha medición que dividía Santiago a través dos 17 códigos postais existentes, e que identificaba 12 como zonas tensionadas.

Máis alá dos datos, o portavoz dos socialistas, Gonzalo Muíños asegura que o problema da vivenda en Santiago é “unha realidade social”: “vemos tódolos días dificultades da xente moza para acceder á vivenda, moitas familias que teñen que marchar de Santiago aos concellos limítrofes porque non poden facer fronte a un alugueiro aquí”. Así, reclama que o concello tome a iniciativa para “poñerlle un tope ao alugueiro e garantir o acceso a unha vivenda digna”.

A preguntas dos xornalistas, sobre a postura do Partido Popular nesta cuestión, a que fora edil de Urbanismo, Mercedes Rosón ve pouco probable o apoio dos conservadores: “o PP actúa en Compostela como unha especie de comerciais da Xunta, en calquera ámbito, vémolo no CHUS, sempre se poñen de perfil”.

“A Xunta nin fai nin deixa facer en política de vivenda”

Desde as filas socialistas servíronse da proposta hoxe presentada aos medios para arremeter contra a Xunta pola súa xestión en materia de vivenda. Unha “política de bandazos” segundo o seu portavoz, que lembrou que a norma que permite a declaración de zonas tensionadas, “que é a primeira lei integral de vivenda da democracia” fora, nun inicio, motivo de crítica por parte do executivo de Alfonso Rueda para despois “autoenmendarse nos seus propios orzamentos”.

“Primeiro dixeron que a ían recorrer ao Tribunal Constitucional porque era unha competencia autonómica, cando os sucesivos gobernos do PP nada fixeron en política de vivenda, e agora o que fan é trasladarlle a competencia aos Concellos” lamenta Rosón que cuestiona os “requisitos engadidos” á norma estatal por parte da Xunta e que, segundo a socialista, “non buscan outra cousa que entorpecer o trámite”.

Critica así que a Xunta, en materia de vivenda, “nin fai nin deixa facer” lembrando que segue pendente “logo dunha década” que defina o que é a vivenda baleira por norma autonómica como fixeron outras comunidades como Cataluña ou País Vasco, permitindo así poder intervir neste parque de vivenda que en Santiago supón unhas 6.000.

Muíños sumouse ás denuncias de “deixadez de funcións” e engadiu que a Xunta do Partido Popular “tan sequera executa o que orza en vivenda” lembrando que no exercicio pechado do 2022, 7 de cada 10 euros destinados a política de vivenda quedaron sen usar: “non criticamos a política de vivenda do Partido Popular, criticamos a ausencia de políticas de vivenda, porque ata agora, nada fixeron”.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%