AD

Actualidad

O turismo internacional supera as 150.000 estadías en Compostela no primeiro cuatrimestre

today23 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

As estadías de turistas internacionais nos estabelecementos hoteleiros da cidade creceron un 10% de xaneiro a abril.

Os estabelecementos hoteleiros de Compostela sumaron 358.774 estadías nos catro primeiros meses do ano, cun lixeiro crecemento respecto das 356.032 do ano mesmo período do ano pasado, segundo os datos do INE, marcando un novo máximo histórico no primeiro cuatrimestre e consolidando o proceso de desestacionalización da demanda que se está producindo nos últimos anos.

O turismo internacional sumou nestes catro meses 157.832 estadías, segundo o INE, cun crecemento do 10% respecto do ano pasado. Pola contra, o turismo doméstico baixou un 5%, pasando de 212.181 a estadías no primeiro cuatrimestre do 2023 a 200.942 neste ano.

Grazas a este crecemento do turismo internacional e ao descenso do turismo doméstico, no primeiro cuatrimestre do ano continuou co incremento do peso do turismo internacional no total da demanda turística da cidade. Así, o turismo internacional pasou de representar o 40% da demanda no primeiro cuatrimestre do ano pasado ata representar o 44% neste ano.

Os datos do INE do primeiro cuatrimestre van na liña da transformación do modelo turístico da cidade que se persegue dende o Concello, apostando tanto pola desestacionalización como polo turismo internacional, que aporta maior valor engadido ao conxunto da cidade en tanto que os turistas internacionais teñen en xeral un gasto medio superior aos turistas domésticos.

En concreto, no mes de abril o turismo internacional chegou ata 79.254 estadías, cun crecemento do 15% respecto de abril do ano pasado, e superando amplamente as 56.601 do turismo doméstico neste mes. Trátase do mellor dato de turismo internacional nun mes de abril na serie histórica do INE.

Os datos de estadías do INE do primeiro cuatrimestre van na liña dos datos tanto de tráfico no aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro como de Compostelas entregadas, ambos tamén en máximos históricos, que amosan a ampliación da tempada turística e a súa transformación cara un modelo máis internacionalizado e de maior valor engadido.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%