AD

Actualidad

Segunda derrota fora de casa do Monbus Obradoiro

today12 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O Monbus Obradoiro visitaba a provincia de Murcia para enfrontarse ao Odilo FC Cartagena CB na terceira xornada de Primeira FEB. Ambos equipos chegaban tras gañar un dos seus dous primeiros partidos esta tempada e o Palacio de Deportes de Cartagena vestíase de gala na tarde do sábado para dar comezo ao partido entre murcianos e composteláns.

Balón ao aire e salto gañado por Jake Stephens, que aproveitaba Micovic para meter a primeira canastra de tres do partido. O serbio volveu anotar e poñía ao Monbus Obradoiro cinco arriba no marcador nada máis comezar o partido. O Odilo Cartagena igualaría a batalla logrando encestar de dous e de tres (5-5).

A metade do primeiro cuarto chegaba favorable para os visitantes que, cun 7-10, comezaban a distanciarse no marcador. A falta de catro minutos o Monbus Obradoiro xa dobraba a puntuación do seu rival (7-14). Ambos equipos parecían anotar a par e o cuarto finalizaba cun resultado de 15-21.

Daba comezo o segundo asalto cos locais atacando a canastra rival e conseguindo anotar primeiro. Reducían a distancia a tres puntos e ao pouco tempo lograban sumar un triple que, unido a un tiro libre por falta persoal, provocaba que o Odilo Cartagena se puxese por diante por primeira vez no partido (22-21). Aos poucos segundos, Brad Davison encargábase de volver a poñer aos composteláns arriba metendo de tres. Quedaban sete minutos de cuarto e non se rompía o empate.

Cinco minutos para o descanso e un resultado de 28-28. Os seguintes segundos condenaron ao Monbus Obradoiro que, tras varios erros no seu xogo, permitía aos cartaxeneros poñerse seis arriba. Os galegos deron un arreón final nos últimos minutos de cuarto que lles serviu para chegar á metade do partido cun marcador de 39-37.

Tras o descanso, a reacción do Monbus Obradoiro foi moi rápida. Un triple de Leimanis aos dez segundos do terceiro cuarto devolvía a vitoria momentánea aos composteláns. Os cartaxeneros foron contundentes na súa resposta, logrando superar de catro aos visitantes (44-40).

Nos seguintes minutos, cando un equipo parecía distanciarse no marcador, chegaba o rival para devolver a igualdade e a loita á cancha. Odilo Cartagena alcanzou primeiro a cifra de 50 puntos, pero o Monbus Obradoiro só marchaba tres abaixo. O terceiro cuarto non deixou nada decidido e obrigaba a ambos equipos a dar todo no último asalto para levarse a vitoria (56-49).

Daban comezo os últimos dez minutos de partido. Os galegos conseguían recortar distancia no marcador, pero o Odilo Cartagena reaccionaba poñéndose nove arriba (61-52). Ambos equipos continuaban anotando canastra, pero a distancia entre eles continuaba a mesma. Quedaban catro minutos de partido.

Brad Davison, cun triple a falta de tres minutos, daba vida ao Monbus Obradoiro que só marchaba cinco puntos abaixo. Quedando dous minutos, a distancia era a mesma, 68-63. Pasaban as xogadas e os composteláns reducían as distancias a dous puntos, unha única canastra. Unha falta persoal a favor dos galegos daba a oportunidade de empatar o encontro dende a liña de tiros libres, pero a pelota non entrou.

Finalmente, os cartaxeneros leváronse a vitoria cun triple nos últimos minutos que deixaba un resultado de 73-68.

Ficha técnica

73 – Odilo F.C. Cartegena: Asier González Pèrez (0), Ab Sediq Garuba Alari (6), Alberto Cabrera Garrancho (2), Gerard Blat Baeza (8), Alberto Martín Marín (0), Dylan Van Eick (10), Gabriel Gil García (0), Jordan Alexander Rogers García (2), Alejandro Jorda Rodríguez (12), Calvin Hermanson (8), Stephen Ugochukwu (10), Thomas Smallwood (15).

68 – Monbus Obradoiro: Brad Davison (11), Victory Onuetu (0), Tomeu Rigo (0), Álex Galán (1), Strahinja Mićović (7), Millán Jiménez (5), Nacho Varela (4), Sergi Quintela (15), Pablo Harguindey (0), Jake Stephens (10), Oliver Stević (7), Toms Leimanis (8).

Cuartos: 15-21, 39-37, 56-49, 73-68.

Árbitros: Mikel Cañigueral Novella, Jorge Baena Criado, Héctor Sanhermelando García.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada de Primeira FEB no Palacio de Deportes de Cartagena.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%