Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 abril, 2024
A segunda etapa terá lugar o domingo 5 de maio
8 de abril de 2024.- Unhas oitenta persoas participaron onte domingo na andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou, polo que os camiñantes desfrutaron dun percorrido de 16 quilómetros entre Porto do Son e Portobravo (Lousame).
A expedición saíu ás 9:00 horas da praza Teodomiro Hidalgo de Lousame para desprazárense ata o faro de Cabeiro (Porto do Son), para continuar o Camiño sempre a carón da costa pola pasarela de madeira da praia de Aguieira, a beirarúa entre O Alto da Silva ata a praia de Coira, para seguir polo paseo de Coira ata o Club Náutico de Portosín. Tras bordear o esteiro do Tambre, atravesaron Noia polo Tapal, o Cantón e a Corredoira ata a Ponte de Traba, dende onde volveron a Lousame.
A andaina estivo encabezada polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado polas concelleiras de Deportes, Mairel Agrafojo Nieto, e de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.
Tras o éxito de participación nesta primeira etapa, dende o Club de Xubilados xa adiantan que nos próximos días convocarán a segunda, o domingo 5 de maio, nesta ocasión con saída en Muros. A intención é percorrer o traxecto entre Muros e Noia en tres etapas: 5 e 12 de maio e 9 de xuño.
Escrito por Líder Redacción
andaina lousame radio lider santiago ria muros noia xubilados
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)