AD

Actualidad

Oroso celebra este sábado a III MiniBTT con 347 inscritos de toda Galicia

today26 abril, 2024

Background
share close
AD

Este sábado 27 de abril, o Concello de Oroso acollerá a III MiniBTT, un evento emocionante organizado polo Oroso Club Ciclista.

Unha proba de bicicleta de montaña dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos que promete ser unha xornada de deporte e diversión, onde a propia competición queda nun segundo plano.

Coa participación de 347 mozos e mozas inscritos, procedentes de distintas partes de Galicia, serán 12 as carreiras que se celebrarán no Parque do Carboeiro a partir das 10:00 h.

Este evento é unha excelente oportunidade para fomentar o espírito deportivo e promover un estilo de vida activo e saudábel desde idades tempranas, como sinalou o presidente do Oroso Club Ciclista, Celestino González, en declaracións realizadas en Radio Líder Santiago este venres.

O nacemento do Oroso Club Ciclista en 2020, coincide coa creación dunha vía verde que percorre unha lonxitude ampla entre Cerceda e Santiago. Este proxecto, que se desenvolve nun ano marcado pola pandemia, foi medrando co paso dos anos converténdose nun «club familar». González destaca a importancia desta vía verde para as actividades do clube xa que realizan numerosas rutas.

Entrevista no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%