Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 junio, 2024
7 xuño de 2024.- O Concello de Lousame e Abanca organizan unha sesión formativa dirixida a que persoas maiores do municipio aprendan a utilizar os caixeiros da entidade dunha forma fácil e segura. Unha actividade que terá lugar o vindeiro martes 18 de xuño, ás 11:00 horas, na casa consistorial en Portobravo, onde Abanca instalou un caixeiro en marzo de 2022.
Unha formadora de Abanca explicaralles aos maiores de Lousame como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar. Unha formación que incluirá unha primeira presentación en imaxes para despois poñer a proba os coñecementos adquiridos sobre o propio caixeiro, resolvendo así as dúbidas que lles vaian xurdindo. A mestra fará fincapé en que as xestións se poden facer con confianza e con todas as garantías de seguridade, sempre que se sigan as recomendacións básicas de seguridade.
A participación nesta actividade, enmarcada no Programa de Educación Financeira de Abanca, é totalmente libre e de balde, polo que non é precisa inscrición previa. Esta será a segunda formación que a entidade ofreza en Lousame despois da instalación do caixeiro na fachada da propia casa consistorial en marzo de 2022, grazas á colaboración da Xunta de Galicia. A maiores, o propio Concello de Lousame organizara un “Taller de manexo do caixeiro” en xullo do mesmo ano, en colaboración coa Consellería de Política Social a través do programa “Mantente ao día”.
Escrito por Líder Redacción
abanca caixeiros comarca lousame maiores radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)