AD

Actualidad

Os populares reclámanlle ao BNG que atendan as numerosas deficiencias do Viso

today22 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

Os populares lémbranlle ao BNG que dentro das súas obrigas e competencias están as de arranxar os problemas dos veciños e “non esperar a que os nosos concelleiros visiten as parroquias santiaguesas para “mostrarlles o camiño” a seguir”

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, lembroulle hoxe ao BNG que dentro das súas obrigas e competencias están as de arranxar os problemas da veciñanza e non esperar a que “os nosos concelleiros visiten as parroquias santiaguesas para “mostrarlles o camiño” a seguir”.

Hai unhas semanas, a popular mantivo unha reunión cos veciños da parroquia compostelá do Viso, na que puido comprobar, de primeira man, as graves deficiencias que están a soportar desde hai anos.

Os veciños destacaron que hai varias vías sen asfaltar ou con este material defectuoso, como ocorre na rúa da Ribeira do Viso; ademais, existe unha clara falta de sinalización, polo que son moitos os vehículos que se meten por viais que non teñen saída, como a travesa da ponte ou a do Ameneiral, o que causa importantes inconvintes, tanto para os peóns como para os vehículos.

Por outra banda, Barcia denuncia a falta de limpeza no acceso a algunhas das vivendas. A veciñanza tamén leva tempo reclamando o arranxo ou substitución dalgunhas das luminarias, pero seguen sen ter resposta por parte do Concello.

Así, Barcia puido comprobar como os veciños enfróntanse todos os días con “perigos” doados de arranxar, como é o firme da ponte que é moi resbaradiza, pero levan desde o Goberno do PSOE sen solución.

Tamén reclaman que se poida empregar algunha das fincas municipais para aparcar os vehículos cando se celebran os encontros do Obradoiro, xa que os condutores non respectan as vivendas e aparcan os coches diante das súas entradas.

A popular reclámalle aos nacionalistas que se instale unha parada de bus para ir á Cidade da Cultura; ademais de poñer algún parque infantil, porque os nenos da zona non contan con ningunha instalación deste tipo; e que se leve a cabo un mantemento dos lavadoiros existentes.

Comprobou tamén os problemas que existen co drenaxe das pistas de pádel e co arborado existente que, pola falta de coidado, supón un perigo para os usuarios desta instalación e para as persoas que por alí transiten.

Finalmente, a concelleira popular pídelle aos nacionalistas “iniciativa e compromiso”, porque non pode ser que os que “dirixen” a capital de Galicia teñan que “esperar” a que sexa o PP o que “lle debulle sempre a folla de ruta dos problemas dos veciños de Santiago”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%