AD

Actualidad

Padrón celebrará a festividade de San Xoán de Raio coa tradicional comida de confraternidade

today22 abril, 2024

Fondo
share close
AD

O luns 6 de maio homenaxearase ao patrón coa recepción de autoridades, o procesión do santo e a misa solemne na igrexa de Santiago

A Coral Val do Sar e o Tuna de Veteranos da Coruña amenizarán os actos

Os maiores empadroados na vila poden retirar as invitacións no Centro Social cun custo de 10 euros

O prezo para o resto das persoas é de 39 euros

A orquestra Os Satélites poñerán o fin de festa ás 20.00 horas no campo do Souto

Padrón. 22-04-2024.- O Concello de Padrón celebra o luns 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio cumprindo así cunha tradición que se remonta ao ano 1613.

Os actos oficiais en homenaxe ao patrón comezarán ás 11.45 horas coa recepción de autoridades na casa consistorial e a posterior procesión do santo dende o Concello ata a igrexa de Santiago. A misa solemne que se celebra as 12.00 horas contará co acompañamento musical da Coral Val do Sar.

Despois da misa, os actos trasladaranse á praza de Macías onde actuará a Tuna de Veteranos da Coruña.

A festividade de San Xoán do Raio inclúe, como é tradición tamén, o xantar de confraternidade para a terceira idade no restaurante do Hotel Scala.

Para poder asistir cómpre retirar a invitación antes do 3 de maio no Centro Social. Os prezos para os empadroados en Padrón é de 10 euros que se ingresarán na conta que se facilitará no momento da inscrición. No caso das persoas non empadroadas o xantar terá un custo de 39 euros e deberán retirar as invitación no hotel Scala.

Para poder asistir á edición número 32 desta tradicional comida de confraternidade para os maiores de 60 anos haberá un servizo de autobuses que pasará polas paradas de transporte escolar a partir das 11.00 horas. O regreso será ás 19.00 horas.

A actuación da orquestra Os Satélites no campo do Souto servirá como colofón á festa a partir das 20.00 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%