Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 abril, 2024
Padrón. 2-4-2024.- Padrón e Rianxo volveron estreitar os lazos de amizade que une a ambos pobos dende hai séculos no acto institucional do Día de Rianxo nas Festas de Pascua. “Ademais de Rosalía ou Castelao temos vínculos económicos, culturais e un mar que nos une”, resumiu o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo.
“Ademais dos vínculos empresariais e das tradicións familiares que nos unen, é certo que a saída ao mar de Padrón pasa por Rianxo”, replicoulle o alcalde padronés, recordando que “Rosalía sempre miraba o mar” e os vínculos empresarias entre ambos municipios. Anxo Arca volveu resaltar a importancia deste acto de irmandamento como lugar para que “representantes políticos de diferentes ideoloxías teñamos un espazo para compartir problemáticas comúns e fórmulas para facerlle a vida máis fácil á cidadanía”.
Despois do intercambio de bastóns de mando, que se celebrou no salón de plenos, os alcaldes, acompañados polo presidente da Fundación Rosalía de Castro e representantes das dúas corporacións, fixeron a tradicional ofrenda dunha coroa de loureiro diante da estatua de Rosalía, no paseo do Espolón, e diante da de Castelao, no xardín botánico.
O acto institucional rematou coas dúas comitivas escoitando a actuación das bandas dos dous municipios na praza de Macías. Neste mesmo espazo a Banda de Música de Rianxo ofreceu o tradicional concerto de todas as festas de Pascua.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)