Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023. O Grupo Socialista de Santiago levou ao pleno deste xoves unha moción coa que condenar os actos bandálicos que sufriron as sedes socialistas nas últimas semanas. Unha proposta que contou coa unanimidade de tódolos grupos con representación en Santiago: “facer fronte, excluír, poñer absoluta distancia con eses discursos de odio e negarse á súa normalización é tan importante como facer fronte ás pedradas e pintadas, porque estas non existirían sen ese discurso” explicou o concelleiro Sindo Guinarte.
O edil socialista denunciou que é a polarización que “convirte ao adversario político en inimigo” o que “inspira e induce” este tipo de actitudes que “atentan contra o pluralismo” e “impiden a libre participación política”. Guinarte amosouse especialmente crítico cos ataques a militantes socialistas que, asegurou, “son tics de totalitarismos que nos remontan ás épocas máis negras da nosa historia recente que críamos superadas”.
“Esta vaga de ataques contra as sedes dun par2do polí2co non ten precedentes salvo os ataques que se producían nos anos máis duros da kale borroka contra as sedes do PSOE e PP” lembrou Guinarte.
“No de querer tirar a Casa da Xuventude hai un fondo de querer ‘deixar pegada’”
Na sesión plenaria deste xoves tivo lugar a comparecencia do concelleiro de Urbanismo, a petición do Grupo Socialista, sobre o futuro da Casa da Xuventude. Unha comparecencia na que quedaron claras as discrepancias entre os dous grupos que compoñen o bipartito, con unha CA que se reafirmou na súa negativa “a pesar do clamoroso silencio que mantiveron nesta cuesti2ón” e un BNG seguro da súa proposta de ‘ghalpón’ “a pesar de que o propio BNG votou a favor desta iniciativa no pleno da Deputación” criticou a concelleira Mercedes Rosón.
A que fora responsable de Urbanismo amosouse moi crítica durante a súa intervención coa actitude do BNG, cuestionando que esta decisión se deba a un pouso de fondo de “querer deixar pegada”: “o mesmo ímpeto co que a señora Sanmartín crea a Alba de Copostela ou elimina o Compostela en Negro”.
Neste sentido, Rosón cuestionou o papel de Compostela Aberta que en campaña comprometérase a que, de ter responsabilidades goberno, garantir a continuidade do edificio, “chegando a dicir que nunca, nunca, nunca permitiría a súa derruba”. Lamenta que, vendo as intencións do BNG, “semella que o feito de que CA estea no goberno non é garante de nada”.
A edil socialista apelou á utilidade do inmoble e a gran mellora que contempla o anteproxecto de rehabilitación presentado pola deputación tamén na envolvente, reducindo a súa altura e abrindo unha entrada directa ao parque de Belvís, e acusa a Sanmartín de negarlle á cidadanía un debate “honesto” con “todas as propostas enriba da mesa”: “semella que prefire ocultar ocultalo por se alguén, ao velo, puidera dicir que non queda tan mal”.
Recalcando a importancia de manter un equipamento público de 2.500 metros cadrados, “cun auditorio para 400 persoas, salas de usos múltiples para asociacións e colectivos veciñais e en pleno centro histórico”, Rosón avogou por manter o edificio “pois a alterna2va, a xulgar polas discrepancias no seo do bipartito, a alternativa é deixar que o edificio siga deteriorándose sine die”.
“Pecaron vostedes de demagoxia opoñéndose á modificación da ordenanza de plusvalía cando a trouxemos o goberno socialista, e agora volven a traela sen ningún cambio”
O pleno da corporación aprobou ademais a modificación da ordenanza do imposto sobre o aumento de valor dos terreos de natureza urbana, logo de que en setembro de 2022 Compostela Aberta votase en contra e o BNG se abstivese na votación desta mesma modificación. Lembra a concelleira Marta Abal, responsable da área económica no goberno socialista, que os motivos que esgrimiu en aquel entón o BNG para absterse “non foron abordados logo de medio ano de goberno” acusando á alcaldesa de demagoxia.
Abal lembrou que, durante o goberno socialista, previamente á aprobación da ordenanza, realizouse unha negociación con BNG e CA na que “non fixeron ningunha aportación”. Porén, durante o pleno, “a entón portavoz do BNG defendeu a súa abstención porque faltaba un estudo económico sobre o impacto das modificacións nas arcas municipais, que agora tampouco hai, e porque non se estudaba a posibilidade dunha revisión a fondo, que segue sen existir”.
“A mobilidade do CHUS semella que non está entre as prioridades da Xunta”
O Grupo Socialista presentou neste pleno unha moción conxunta co BNG e CA para instar á Xunta a asumir as súas competencias na solución do problema de mobilidade na contorna do CHUS. Neste sen2do, explicou a edil Mercedes Rosón, que a Xunta ten dúas opcións: aceptar a parcela, valorada en 6 millóns de euros, cedida polo goberno socialista para construír un aparcadoiro de 400 persoas, ou desenvolver o seu proxecto de aparcadoiro nunha parcela da súa exclusiva propiedade.
Rosón amosouse especialmente crítico coa actitude de Borja Verea, a quen acusou de estar instalado na “autocomplacencia e na defensa do seu partido”, afeándolle que coa súa actitude “esquécese de que se presentou ás municipais para representar a Santiago e non para ser o portavoz da Xunta”. A edil socialista acusou a Verea de “deslealdade cos contribuíntes de Santiago” porque “se por el fose, estarían financiando un aparcadoiro que usaría media Galicia”.
Recorda que o CHUS dá servizo a 46 concellos, incluso fóra da provincia de A Coruña, polo que insiste en que se trata dun equipamento supramunicipal que, ademais, queren situar nunha parcela da exclusiva propiedade da Xunta: “é moi revelador que, para a ampliación dun edificio administrativo en San Caetano a Xunta si que ten orzamento, para facer máis obras no Monte do Gozo tamén, pero non para dotar o CHUS dun aparcadoiro que responda ás súas necesidades” asegurou Rosón cualificando esta actitude de “sorprendente”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)