AD

Destacado

Radio Líder volverá ser a voz do turismo galego en FITUR cunha ampla cobertura multimedia

today13 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Radio Líder volverá estar presente en FITUR 2026, que se celebrará en Madrid do 21 ao 25 de xaneiro, cunha ampla cobertura especial centrada no papel das institucións e empresas galegas na consolidación de Galicia como un destino turístico acolledor, auténtico e con clara proxección internacional.

Un ano máis, o equipo desprazado a IFEMA Madrid estará integrado por catro profesionais, que seguirán de preto os principais actos do stand galego: presentacións oficiais, encontros institucionais, reunións profesionais e demostracións culturais que amosan a riqueza e diversidade do territorio galego. Ademáis Sara Garea e Manu López realizarán uns programas especiais onde se recollera o día a día do paso de Galicia pola feira de tusimo máis importante do país.

Tras o éxito acadado en FITUR 2025 —no que Radio Líder reafirmou a súa posición como referente na cobertura multimedia do turismo galego durante os días profesionais da feira—, a emisora redobra en 2026 o seu compromiso coa difusión estratéxica da marca Galicia a nivel estatal e internacional.

O stand de Galicia, que en edicións anteriores foi recoñecido como un dos mellores espazos expositivos da feira, volverá ser o epicentro dunha programación que porá en valor a natureza de costa e interior, o clima como refuxio, a biodiversidade, o patrimonio material e inmaterial, así como a aposta decidida por unha Galicia sustentable, innovadora e aliñada coas novas demandas do turismo responsable.

Noticia relacionada:

Turismo de Galicia felicita a Radio Líder por su cobertura en FITUR 2024

Con máis de 1.100 m² de superficie expositiva, un destacado despregamento audiovisual con pantallas LED de gran formato e unha axenda chea de contidos, o espazo galego manterá unha programación intensa durante os tres primeiros días, orientada ao público profesional, con decenas de presentacións impulsadas por Turismo de Galicia. Durante a fin de semana, o stand abrirase ao público xeral con actuacións culturais, exhibicións artesanais e experiencias pensadas para todos os públicos.

A audiencia de Radio Líder poderá seguir toda esta cobertura especial a través da súa rede de emisoras en Galicia, da súa plataforma dixital, redes sociais, podcast e app, achegando FITUR 2026 a todos os recunchos do país en tempo real.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *