AD

Actualidad

Raxoi estuda a forma máis sustentable de xestionar a auga: ¿pública ou privada?

today23 mayo, 2024

Background
share close
AD

22/05/2024 O Pleno da Corporación de maio debaterá unha proposta da Alcaldía para crear unha comisión especial para analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga, que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal.

Esta comisión elaborará un informe coas conclusións tendo en conta o estudo realizado en xullo de 2020; sen prexuízo de impulsar outros traballos que xulgue necesarios para o cumprimento do seu fin.

O obxectivo é dar os pasos necesarios para regularizar os servizos básicos de abastecemento de auga e saneamento que se prestan dun xeito precario no concello de Santiago de Compostela desde que venceu a prórroga do contrato.
A forma de xestión do servizo do ciclo integral da auga é unha decisión que debe dar lugar a un modelo que perdurará por un longo período de tempo. Iso, unido á importancia que ten este servizo esencial, fai recomendable conseguir o maior consenso posible na forma de xestión.

A proposta para poñer en marcha esta comisión inclúe que estará integrada pola alcaldesa ou membro da Corporación en quen delegue, que actuará como presidencia da comisión, e dous membros representantes de cadanseu grupo municipal dos que forman a Corporación. Ademais, estarán as persoas titulares de órganos e postos técnicos, que terán voz pero non voto, da Secretaría do Pleno, da Dirección da Asesoría Xurídica, da Intervención municipal, da Dirección da Área de Urbanismo e Infraestruturas, da Coordinación Xeral, da Xefatura de Sección de Saneamento e mais da Dirección da Área de Sustentabilidade e Servizos Básicos, que actuará como secretaria desta comisión.

Cando se constitúa a comisión poderá requirir o asesoramento que considere, tanto de persoal técnico municipal como externo, e cando o así o decida, dará conta ao Pleno dos seus avances ou das decisións adoptadas.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%