AD

auga

18 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Comarca

Ames estuda a viabilidade do arranxo provisional da presa da Ponte Maceira

Esta mañá técnicos de Augas de Galicia achegáronse ata A Ponte Maceira, onde estiveron revisando a presa do río Tambre situada neste lugar, xunto con persoal do Concello de Ames A tenente de alcalde, Susana Señorís, explica que “esta actuación ten unha especial relevancia ante a situación actual de prealerta por seca na que se atopa o concello de Ames. Se dispoñemos de autorización de Patrimonio haberá que estudar a viabilidade da actuación, aínda que en principio vemos que ten […]

today19 agosto, 2026

Comarca

Dodro restrinxe o uso da auga ante a diminución das reservas

  Hoxe emitirá un bando coas principais recomendacións e as restricións Dodro, 14 de agosto do 2026 – A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao concello a tomar medidas. O obxectivo é garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais. Son en todo caso medidas extraordinarias de aforro de auga que se manterán ata que a situación cambie. Hoxe mesmo emitirase un bando no que se […]

today14 agosto, 2026

Comarca

A seca obriga a Ames a cortar fontes e rega e preparar medidas de emerxencia

O Concello de Ames convocou este mércores unha xuntanza entre os distintos departamentos municipais e as empresas e organismos públicos e privados implicados directamente ou afectados pola xestión da seca, ante a situación de prealerta por sequía decretada onte pola Xunta de Galicia. No Salón de Plenos do Concello estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; a tenente de alcalde, Susana Señorís; o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández; a xerente de Augas de Ames, Gema Otero; a xefa de […]

today13 agosto, 2026

Destacado

Santiago reforza as restricións no consumo de auga ante a prealerta por escaseza no Tambre

  Ante a activación por parte da Xunta de Galicia da fase de prealerta por escaseza moderada de auga na UTE do río Tambre, o Concello de Santiago recorda á veciñanza a vixencia do Bando da Alcaldía publicado o pasado 29 de xullo que estabelece unha serie de restricións e recomendacións en materia de consumo. O Concello de Santiago lembra á veciñanza que continúan vixentes as restricións e recomendacións sobre o consumo de auga recollidas no Bando da Alcaldía publicado […]

today11 agosto, 2026

Comarca

Convenio de colaboración entre Boqueixón e Touro para o abastecemento de auga potable

Boqueixón achegará 173 m3 diarios para regular o subministro de auga a 626 veciños e veciñas de catro parroquias de Touro O Concello de Touro aforrará máis de 4.000 euros diarios grazas a este convenio de colaboración Boqueixón, 8 de xullo de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Touro, Jesús José Reboredo González, veñen de asinar un convenio de colaboración para garantir o abastecemento de auga potable de Boqueixón a Touro. Un convenio que […]

today8 julio, 2026

Comarca

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

As medidas preventivas buscan manter o subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras 29 de xuño de 2026.- O Concello de Frades vén de aplicar o Artigo 14J da súa Ordenanza Municipal de Abastecemento de auga para prohibir a utilización da auga municipal para encher piscinas, regar cultivos e xardíns, e outros usos similares. Unha medida tomada polo Concello para previr problemas de subministro de auga con motivo da chegada do verán e da vaga de calor. Dende o […]

today29 junio, 2026

Comarca

A nova depuradora de Arca encarece o recibo da auga no Pino

• Manuel Taboada asegura que o Concello está pagando unha factura mensual de 18.000 euros polo funcionamento da EDAR • O alcalde anima a veciñanza a facer “un consumo responsable da auga” e lembra que “o Concello non cobraba a taxa de saneamento, pero agora estamos obrigados a repercutir o custo no recibo” O Pino. 23-4-2025.- A entrada en funcionamento da nova depuradora de augas residuais de Arca é o motivo principal polo que se incrementou o recibo do servizo […]

today23 abril, 2026

Destacado

Debate ao límite en Santiago: Peleteiro avanza entre acusacións e un contrato da auga sen saída

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago volveu situar no centro da actualidade dous asuntos clave para o futuro da cidade: o desenvolvemento do antigo Peleteiro e o novo modelo de xestión da auga. Representantes das principais forzas políticas municipais protagonizaron un debate intenso, marcado pola falta de consenso. Peleteiro: avances con apoio maioritario, pero con discrepancias O proxecto do antigo colexio Peleteiro centrou a primeira parte do debate. Desde o goberno local, representado por Xan Duro (Compostela Aberta) […]

today17 marzo, 2026

Comarca

Vila de Cruces traslada unha mensaxe de calma: ‘A auga está baixo un control sanitario exhaustivo’

Vila de Cruces, 19 de novembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces informa de que o cambio de captación ao manancial do Carrio xa está plenamente operativo. Ata agora, a captación realizábase desde o río Arnego debido ás roturas na tubaxe do Carrio. Logo das diversas reparacións desta infraestrutura, desde a tarde do martes, a auga provén exclusivamente do manancial do Carrio, libre dos sedimentos que afectaban á captación anterior. Así mesmo, comunícase que nestes […]

today19 noviembre, 2025

AD