AD

Actualidad

Raxoi propón un plan supramunicipal para atender as demandas dos taxistas do Pino

today20 agosto, 2024

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, mantiveron unha xuntanza con representantes do colectivo de taxis do Pino para recoller as súas demandas a respecto de prestar servizo no aeroporto compostelán

No transcurso da xuntanza, a alcaldesa e o concelleiro de Mobilidade, explicaron que as demandas dos taxistas do Pino deben ser estudadas no marco dun plan supramunicipal que inclúa todas as necesidades de transporte e mobilidade dos concellos limítrofes con Santiago, como por exemplo as dos concellos de Teo e de Ames.

O obxectivo principal da reunión era a solicitude do colectivo de taxistas do Pino de poder prestar servizo no aeroporto compostelán, unha demanda que o goberno municipal ve necesario incluír nunha reflexión máis ampla xeograficamente, dando cabida a outras demandas de mobilidade procedentes de toda a área metropolitana e que, ademais, deben contar co impulso da Administración autonómica.

Goretti Sanmartín e Xan Duro lembráronlle aos taxistas do Pino que neste momento o Concello de Santiago de Compostela está pendente de que a Xunta de Galicia emita o informe relativo á solicitude da ampliación dun 20% máis de licenzas de taxi para atender as necesidades da cidade e do termo municipal. Cabe lembrar que nesta solicitude tamén se incluía a petición de que a Xunta promova a modificación lexislativa que permita as licenzas temporais, para atender as necesidades puntuais en tempadas de grande afluencia de visitantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%