AD

Actualidad

Rianxo acollerá a VI Andaina do Barbanza con percorridos de 25 e 16 km

today25 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Rianxo, Julio Alcalde, presentou este mércores a sexta edición da Andaina do Barbanza, que se celebrará o domingo 29 de setembro. Este evento deportivo ofrecerá aos participantes a opción de elixir entre dous percorridos circulares: un de 25 km e outro de 16 km, que atravesarán as fermosas parroquias de Taragoña, Araño, Asados, Leiro e Rianxo.

A Andaina forma parte da Liga Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo, destacándose como unha das probas máis esperadas polos amantes do sendeirismo en Galicia. Durante a presentación, Julio Alcalde destacou o compromiso do Concello de Rianxo coa promoción do deporte ao aire libre e coa posta en valor do patrimonio natural da comarca do Barbanza.

Inscricións abertas

As inscricións para participar seguen abertas ata o longo de hoxe e pódense realizar a través da plataforma EME Sports.

Este evento promete ser unha xornada deportiva e de convivencia, ideal para desfrutar da natureza e descubrir as fermosas paisaxes que ofrece o Barbanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%