AD

Actualidad

Rois pide a Medalla de Bronce da Orde de Isabel a Católica para a sarxento da Garda Civil de Padrón

today11 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • A proposta aprobada en pleno destaca a iniciativa, entrega, profesionalidade e implicación da sarxento da Benemérita en beneficio da comunidade
  • Renovado o convenio coa Axencia Tributaria de Galicia para a recadación en vía executiva
  • O Concello pídelle ao Goberno central que non sexa obrigatorio rexistrar os galiñeiros nas explotacións de autoconsumo
  • A Asociación de Veciños de Ribasar non terá que pagar o IBI

Rois. 11-5-2024. O Pleno da Corporación de Rois, co apoio do grupo popular, aprobou onte solicitarlle ao goberno central que lle conceda a Medalla de Bronce da Orde de Isabel La Católica á sarxento Almudena Fernández Alborés, comandante do posto da Garda Civil de Padrón.  No sesión ordinaria deste mes de maio tamén se aprobou renovar o convenio coa Atriga para a recadación de impostos en vía executiva, eximir de pagar o IBI á Asociación de Veciños de Ribasar e reclamar que o rexistro de galiñeiros non sexa obrigatorio para as explotacións familiares de autoconsumo.

Almudena Fernández Alborés foi nomeada en 2020 sarxento comandante do posto da Garda Civil de Padrón, converténdose na primeira muller que desempeña este cargo na comarca do Sar, e en 2023 foi condecorada coa Medalla ao Mérito da Garda Civil distintivo verde.

Na proposta aprobada en pleno, a Corporación de Rois destaca a “iniciativa, entrega e profesionalidade da sarxento, cunha impecable implicación en todas e cada unha das súas funcións, sen ter en conta o tempo de dedicación”. Rois solicítalle ao Ministerio de Asuntos Exteriores que lle conceda a Medalla de Bronce da Orde de Isabel La Católica a Almudena Fernández.

A proposta trasladada polo alcalde Ramón Tojo ao pleno de Rois destaca tamén a “predisposición e voluntariedade da sarxento no preocupante lume” que o pasado 22 de abril nas parroquias de Herbogo e Buxán. “Tanto a sarxento como o persoal do posto da Garda Civil participaron activamente na extinción do lume, velando en todo momento pola seguridade das persoas e cunha presenza continúa”, sinala a resolución aprobada pola Corporación.

A implicación de Almudena Fernández foi tamén clave para que, dende o vindeiro mes de setembro, o cuartel de Padrón conte con dous novos gardas civís “para mellorar a seguridade na comarca do Sar”. Na petición para que se lle conceda esta Medalla de Bronce, o Concello de Rois tamén resalta as “dotes conciliadoras da sarxento á hora de mediar entre veciños e veciñas para solucionar da mellor maneira os conflitos veciñais”.

O Concello de Rois considera que os méritos da sarxento Almudena Fernández Alborés “redundan no beneficio da nosa comunidade en particular e do conxunto da nación en xeral”, motivo polos que lle solicitan ao Ministerio de Asuntos Exteriores que lle conceda a Medalla de Bronce da Orde de Isabel a Católica.

A proposta presentada polo equipo de goberno foi aprobada cos votos a favor do PP (7), a abstención do BNG (1) e o voto en contra do PSdeG (2), que propuxeron na sesión solicitar para a sarxento a Medalla ao Mérito Civil en vez da de Isabel a Católica.

A Orde de Isabel a Católica foi instituída polo rey Fernando VII o 14 de marzo de 1815. Actualmente depende do Ministerio de Asuntos Exteriores do Goberno de España. O real decreto aprobado en 1998 establece que a súa función é “premiar aqueles comportamentos extraordinarios de carácter civil, realizados por españois ou estranxeiros, que redunden en beneficio da Nación e que contribúan, de modo relevante, a favorecer as relacións de amizade e cooperación da nación española co resto da comunidade internacional”.

Outros acordos do Pleno

No Pleno de hoxe tamén se acordou por unanimidade renovar o convenio coa Axencia Tributaria de Galicia  para a recadación de impostos en vía executiva durante os vindeiros catro anos, o que permitirá axilizar considerablemente a tramitación dos expedientes de recadación en vía executiva que o Concello teña abertos ou poida abrir.

En base ao informe presentado polo secretario e interventora municipal, o Pleno rexeitou a alegación presentada polo PSdeG-PSOE contra o orzamento municipal 2024, polo que este quedou aprobado definitivamente. A moción foi rexeitada cos 7 votos en contra do PP, a abstención do BNG e 2 votos a favor do PSdeG. A aprobación definitiva do orzamento aprobouse cos votos a favor do PP (7) e 3 en contra da oposición.

Por outra banda, a Asociación de Veciños de Ribasar non terá que pagar o IBI (contribución) polo local da súa propiedade, ao serlle concedida por unanimidade da Corporación a exención de este imposto en base ao establecido na Lei 49/2002, réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

A Corporación de Rois aprobou a moción do PP para instar ao Goberno central a modificar o Real Decreto 637/2021 para suprimir a obrigatoriedade do rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo (o caso da maioría dos galiñeiros familiares do municipio e de Galicia), “agás decisión da autoridade competentes naquelas explotacións en función do risco sanitario ou criterios de ordenación sectorial da comunidade autónoma”. A moción recibíu o respaldo do PP (7), o voto en contra do PSdeG (2) e a abstención do BNG (1).

A moción presentada polo BNG para oporse a construción dunha macrofactoria de pasta de celulosa de Altri en Palas de Reis foi aprobada polo pleno. Ademais do rexeitamento a construción desta planta, na moción solicitábaselle á Xunta que informe negativamente o proxecto e que desenvolva un plan para a mellora integral da calidade da auga e da biodiversidade do río Ulla. A proposta foi rexeitada cos votos en contra do PP (7) e a favor de BNG e PSdeG (3).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%