AD

Actualidad

Rueda: “Preséntome para gañar e para gobernar co obxectivo de que Galicia non pare”

today7 enero, 2024

Fondo
share close
AD
  • O presidente agradecer o apoio a todos os que o acompañaron ao longo deste camiño e preséntase ante eles non só como candidato á Presidencia, senón como “militante de base e como persoa que cre que a política do PPdeG é a máis útil para mellorar as cousas”
  • Aposta por unha Galicia “que se queira a si mesma, coas portas abertas ao positivo, que resolve problemas en vez de enredar, que non ten por que ter envexa de ninguén e que xere confianza para a construción do futuro”
  • “Demostremos que nós somos os máis galegos porque somos xente comprometida no que cremos: o sentidiño, a verdade, as certezas, a confianza e a estabilidade. Porque somos cada vez máis galegos os que queremos que o próximo 18 de febreiro gañe Galicia”, afirma

7 de xaneiro de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asume a responsabilidade de liderar a candidatura do seu partido ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro con convencemento e firmeza pero tamén con humildade, e co obxectivo de seguir gobernando para que Galicia non pare: “Quero gañar obtendo a confianza maioritaria da xente na miña palabra e tendo feitos cos que merecela, debéndome só aos galegos e ás galegas”.

Chamando aos seus a non caer no conformismo e a non dar nada por gañado, o presidente quixo agradecer o seu apoio a todos os que o acompañaron ao longo deste camiño e presentouse ante eles non só como candidato á Presidencia, senón como “militante de base e como persoa que cre que a política do PPdeG é a máis útil para mellorar as cousas”.

Reivindicou neste sentido ao PPdeG como o primeiro partido de Galicia e o que máis se parece aos galegos e galegas, recoñecendo a responsabilidade que supón lideralo na medida en que “ser o primeiro partido de Galicia implica estar á altura dos desafíos e dos retos de Galicia”.

Do mesmo xeito que recoñeceu aspirar a estar altura tamén dos que o precederon como presidentes da Xunta. Destacando acto seguido “o autonomismo pioneiro” de Xerardo Fernández Albor, o “orgullo de ser” que Manuel Fraga devolveu aos galegos e a “capacidade de xestión” de Alberto Núñez Feijóo.

UNHA CAMPAÑA CENTRADA EN GALICIA E QUE FALA DE GALICIA

Tal e como xa comprometera o día que convocou as eleccións, Alfonso Rueda apostou por unha campaña “afastada da descualificación, da tensión, da crispación, de levantar muros e de falar mal de Galicia”. Promete, pola contra, facer unha campaña “centrada en Galicia e que fala de Galicia”, xa que iso é o que os galegos “demandan e necesitan”.

“Quero gañar para que Galicia sendo o que é: unha terra traballadora, aberta, fiable e leal”, afirmou ao tempo que amosaba a súa aposta por unha Galicia “que tenda pontes e non levante muros, que se relacione co resto de España en igualdade e sen egoísmo, na que prime o entendemento fronte ao conflito, na que todos teñamos sitio”. Unha Galicia “que se queira a si mesma, coas portas abertas ao positivo, que prefire resolver problemas en vez de enredar, que non ten por que ter envexa de ninguén e que xere confianza para a construción do futuro”.

E, nesta liña, concluíu categórico: “Quero unha Galicia que non sexa unha do independentismo, nin un trofeo para Pedro Sánchez, nin unha multipropiedade a repartir entre partidos. Galicia é dos galegos de hoxe e quero que sexa tamén dos galegos libres do mañá”.

A aposta do presidente Rueda é, polo tanto, a dunha comunidade que siga sendo o que é: a comunidade na que menos medrou a débeda, a única na que a educación infantil é gratuíta, a que ten o calendario de vacinación máis completo do mundo, a que conxela as súas peaxes, a que fomenta a actividade deportiva, a que coida aos seus dependentes, a que ofrece estabilidade aos seus investigadores, a que acolle cos brazos abertos aos retornados, a que aposta polas enerxías renovables, a que amplía o seu parque de vivenda pública, a que ten as universidades máis baratas e a FP máis potenciada, a que bate récords de turismo, a que aposta polo rural e o sector primario, a que apoia aos autónomos e ás vítimas de violencia de xénero e a que ten unha das mellores sanidades públicas de toda España.

“CADA VEZ SOMOS MÁIS OS GALEGOS QUE QUEREMOS QUE GALICIA GAÑE O PRÓXIMO 18 DE FEBREIRO”

Ao acto asistiron 1.500 persoas e nel tamén interviñeron, un en representación de cada provincia, o presidente local do PP de Santiago de Compostela, Borja Verea; a presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira; a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa; e o alcalde da Estrada, José López Campos.

Logo das súas intervencións, o presidente Rueda incidiu en que na política “non todo vale” e que “non todo xustifica unha vitoria”. E en clave nacional explicou que o que o PPdeG terá en fronte nestas eleccións será “un señor na Moncloa que só vén a Galicia en Falcon a facer promesas que nunca cumpre”, así como a todos aqueles que dicían que nunca aprobarían unha lei de amnistía nin condonarían a débeda a Cataluña “a costa de 400 euros de cada galego”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%