AD

Actualidad

Saen á venda máis abonos para desfrutar do Son do Camiño os tres días

today5 marzo, 2024

Background
share close
AD

A organización de O Son do Camiño vén de anunciar a posta á venda dunha nova remesa de abonos para acudir aos tres días de festival. Estarán dispoñibles a partir de mañá mércores 6 de marzo, ás 13:00 horas, a través da súa páxina web.

Tras o éxito da primeira venda, onde os 30.000 abonos dispoñibles esgotáronse en apenas dúas horas, esta nova oportunidade será a última para conseguir un abono para os tres días do festival antes de que se anuncie o cartel por días.

Os abonos terán un prezo único de 139 euros, máis gastos de xestión, e poderán ser adquiridos exclusivamente en liña. Cada persoa poderá mercar un máximo de seis entradas.

Con Green Day e Thirty Seconds To Mars como cabezas de cartel, xunto con outros artistas como Hot Milk e The Interrupters, O Son do Camiño 2024 promete ser un evento inesquecible para os amantes da música pop-rock e electrónica.

Os abonos non serán nominativos, facilitando así as compras en grupo. Estará dispoñible un período de cinco minutos para completar a compra unha vez que o proceso se inicie na cola virtual.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%