AD

Actualidad

Santiago acolleu o Encontro Autonómico de Familias de persoas con discapacidade intelectual

today16 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 16 de novembro.- Este sábado FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou o seu Encontro Autonómico de Familias, unha xornada dedicada a promover o apoio, a participación e o intercambio de experiencias entre familias de persoas con discapacidade intelectual.

Durante a inauguración do evento, contamos coa participación da directora xeral de Discapacidade, Begoña Abeijón, así como de Carmen Pomar, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia e Ariadna Fernández, deputada do Grupo Parlamentario do BNG, todas elas acompañadas polo presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández.

Durante a súa intervención a directora xeral de discapacidade da Xunta, Begoña Abeijón, destacou que, “para as administracións é esencial contar co necesario apoio das entidades e das familias. Se hoxe podemos chegar a tantas persoas con discapacidade, contamos con tantos recursos e temos unha sociedade máis inclusiva é grazas a esa colaboración entre Xunta e entidades sociais”.

Pola súa banda, o presidente da Federación, Eladio Fernández, puxo o foco na importancia de promover unha maior participación no seo das entidades e da propia Federación «Se non participamos activamente, é difícil que se teñan en conta as nosas prioridades, desexos e obxectivos. Non debemos deixar en mans dos demáis o noso presente e o noso futuro».

AMPLA REPRESENTACIÓN DE ENTIDADES GALEGAS

Este encontro reuniu a preto de 100 persoas pertencentes a 19 entidades galegas de discapacidade intelectual, ademais dunha entidade convidada de Plena inclusión Madrid, a Fundación Gil Gayarre, que participou como relatora dando a coñecer os tipos de apoio que se poden ofrecer dende o enfoque centrado na familia.

O Encontro Autonómico de Familias busca poñer ás familias no centro, visibilizando as súas necesidades e fortalecendo o seu papel como alicerce esencial no apoio ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, que conta na actualidade con 41 entidades galegas federadas.
A misión do Movemento Asociativo é contribuír, desde o compromiso ético, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan realizar o seu proxecto de calidade de vida, así como promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%