Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 mayo, 2024
13/05/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá a cinco expedientes para levar a cabo diversas actuacións de pavimentación e mellora de instalacións en varias parroquias do rural compostelán por un importe total de 975.873,24 euros, ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña. En concreto, o Concello realizará obras de pavimentación no lugar de Vilamaior (Sabugueira), no núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) e nos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros, así como para un proxecto para a mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro, e outro para a ampliación da rede de saneamento na Rúa do Coto dos Olmos, na parroquia de Bando. A voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao, deu contra deste e doutros asuntos tratados na Xunta de Goberno en rolda de prensa.
Entre os expedientes de contratación aprobados pola Xunta de Goberno desta mañá, atópase o proxecto de pavimentación do lugar de Vilamaior, na Sabugueira, cun orzamento base de licitación de 391.468,71 euros (base impoñible de 323.527,86 € máis IVE do 21% de 67.940,85 €) e que «ten por obxecto o acondicionamento de seis vías que comprende case quilómetro e medio» nunha obra na que «se reporá o pavimento, executaranse beirarrúas e mellorarase a evacuación de augas pluviais nun prazo de execución de tres meses», detallou Míriam Louzao.
O proxecto de pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido, en Villestro contará cun orzamento base de licitación de 175.328,12 euros (base impoñible de 144.899,27 € máis IVE do 21% de 30.428,85 €) para a «reposición do pavimento e para instalación dunha rede de evacuación de augas pluviais e de cara ao soterramento futura da liña de luz pública, instalarase tamén unha canalización e as arquetas necesarias» e terá un plazo de execución de seis meses.
A terceira obra de pavimentación levarase a cabo nos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros, na parroquia de Villestro, cun orzamento base de licitación de 212.718,39 euros (base impoñible de 175.800,32 € máis IVE do 21% polo importe de 36.918,07 € e consistirá «na adaptación das condición da vía co obxectivo de mellorar as condición de seguridade e mobilidade nun tramo de algo máis dun quilómetro, repoñendo o pavimento, executando beiravías e aproveintando a obra, ampliando a rede de abastecemento de auga potable nun prazo de execución de tres meses», explicou a concelleira.
O executivo municipal tamén deu luz verde ao expediente de contratación das obras para amellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro, cun orzamento base de licitación de 79.987,40 euros (base impoñible de 66.105,29 € máis IVE do 21% de 13.882,11 €). Esta actuación permitirá a eliminación de humidades por filtracións desde a cuberta, pintado, substitución das carpintarías exteriores e tamén a instalación no exterior dun sistema de illamento SATE, mantemento das carpintarías intereiores así como a pavimentación do acceso peonil e terá un prazo de execución de tres meses.
Por último, tamén se aprobou o expediente que ten por obxecto a licitación das obras do proxecto de ampliación da rede de saneamento na rúa do Coto dos Olmos, na parroquia de Bando, que contará cun orzamento base de licitación de 116.370,62 euros (base impoñible de 96.174,07 € máis IVE do 21% polo importe de 20.196,55 €). Con esta intervención dotarase á zona dunha rede de abastecemento de case un quilómetro e se reporá o pavimento nun prazo de estimado de catro meses.
Convenio con AGADEA
O executivo tamén aprobou esta mañá o texto do convenio de colaboración para o ano 2024 entre o Concello de Santiago de Compostela e a entidade Asociación galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA) pola contía de 3.000 euros
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)