Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 diciembre, 2023
29/12/2023.- O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado. Desta maneira, o prezo do billete con bono ordinario manteráse nos 0,30 euros, e o bono mensual seguirá custando 13 euros.
O Goberno do Estado vén de aprobar o Real Decreto-Lei 8/2023, de 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos de Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca, que recolle a bonificación, nun 30%, nas tarifas multiviaxe do transporte urbano. O Concello de Santiago súmase a esta liña de axudas cunha bonificación complementaria do 20%, ata completar o 50 % do total.
Así, e na mesma liña do último ano, o prezo do billete co bono ordinario pasa dos 0,60 euros aos 0,30; o bono escolar pasar dos 0,40 euros aos 0,20, e por último o bono mensual pasa dos 26 euros a 13. Para beneficiarse desta bonificación non é preciso ningún trámite, máis alá da recarga do bono. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta.
Novo sistema de información na Estación de autobuses
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano, TUSSA, porá en marcha, a partir do 8 de xaneiro de 2024, un novo sistema de información na estación de autobuses. O obxectivo é mellorar os sistemas de control, seguimento e información dos servizos. Así, mellorarase a visualización nas pantallas, con información en tempo real das saídas e chegadas dos servizos de transporte colectivo, ao tempo que haberá avisos de próximas saídas pola megafonía e horarios impresos no servizo de información. Os datos facilitados serán os recollidos na plataforma bus.gal, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, que é a administración competente no servizo de transporte interurbano.
Tamén se mellorarán os controis de acceso para os autobuses ao recinto, así coma o control e seguimento dos mesmos.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)