Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 mayo, 2024
O portavoz socialista pídelle explicacións ao bipartito e lembra que o número de efectivos nalgún día das festas estivo por debaixo do mínimo por quenda que establece o decreto de servizos mínimos ordinarios de xullo do 2022
Reclama una “mellor planificación dos efectivos” de cara o Son do Camiño e as festas do Apóstolo: “tanto para prestar un servizo adecuado para a cidadanía como pola seguridade dos propios axentes”
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024. Un operativo de seguridade baixo mínimos, é o que denuncian desde o Grupo Socialista que sinalan que nalgún dos días das festas da Ascensión, a Policía Local contou só con unha patrulla e un vehículo de atestados. Agora o seu portavoz, Gonzalo Muíños, pide explicacións ao bipartito e reclama “planificación” de cara as próximas festividades, co Son do Camiño á volta da esquina e a vista posta tamén no Apóstolo: “o que pasou na Ascensión non se pode repetir”.
Muíños lembra que con este operativo de seguridade incumpriuse o número de efectivos mínimos por quenda que establece o decreto de servizos mínimos ordinarios co que conta o departamento de Seguridade Cidadá desde xullo de 2022. Algo “preocupante” explica o edil socialista, non só para “prestar un servizo adecuado para a cidadanía” senón tamén, insiste “pola propia seguridade dos axentes”.
Nunhas datas na que a cidade contou con multitude de eventos e un gran tráfico de persoas chegadas de toda a comarca, “só unha patrulla e un vehículo de atestados durante algún dos días das festas da cidade non parece o máis apropiado” critica o portavoz do PSOE en Raxoi, que formulará unha pregunta de resposta escrita ao goberno local “para que nos confirme cal foi o operativo durante as festas” e que se “planifiquen os efectivos” de cara a próximas datas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)