Nora, o primeiro bebé de 2025 nacido en Santiago
O primeiro nacemento de 2025 en Santiago de Compostela tivo lugar no Hospital Clínico ás 00:24 horas. Nora, filla de María e David, chegou ao mundo cun peso de 3,330 kg, converténdose no segundo bebé nacido en Galicia no novo ano. A honra de ser o primeiro nacemento galego recaeu en Mauro Estévez Álvarez, que naceu no Hospital Provincial de Pontevedra ás 00:17 horas. O pequeno, fillo de Andrea Estévez Fernández e César Álvarez García, pesou 3,060 kg. Por último, […]