AD

a estrada

52 Resultados / Página 1 de 6

Fondo
AD

Comarca

A Estrada levará a ópera á rúa da man do Teatro Real de Madrid

O Concello súmase ás entidades que contarán cunha retransmisión en directo de “A Traviata”, de Verdi, dende a capital madrileña. Poderá seguirse, de xeito totalmente gratuíto, a través da pantalla instalada na Porta do Sol. A Estrada, 11 de xullo de 2025.- A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, presentou esta mañá unha iniciativa que o Concello impulsa da man do Teatro Real de Madrid para sacar a ópera á rúa. Deste xeito, os cidadáns poderán gozar o vindeiro sábado, […]

today11 julio, 2025

Actualidad

A Estrada despide a primeira Rapa das Bestas BIC, con público de EE.UU., México ou Hong Kong

  Dende o Concello apláudese a boa sintonía e implicación coa Asociación Rapa das Bestas e o bo funcionamento do Plan de Emerxencias activado para estes días de Festa de Interese Turístico Internacional. A análise da venta de entradas a través de internet permite observar a proxección mundial que ten a Rapa, con billetes adquiridos dende países como Estados Unidos, Hong Kong, Alxeria, México, Colombia, Alemaña, Italia ou Reino Unido, entre outros. Os de Sabucedo non dubidaron en ir buscar […]

today8 julio, 2025

Actualidad

Gonzalo Louzao: “A Rapa das Bestas é unha festa ancestral que chegou ata nós practicamente intacta”

O alcalde Gonzalo Louzao salienta a importancia patrimonial, social e emocional dunha das festas máis internacionais de Galicia. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, conversou con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago sobre a inminente celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis emblemáticas de Galicia que este ano dá un paso máis no seu recoñecemento institucional: foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC). Esta distinción supón “a protección de máximo nivel” para a tradición, o entorno […]

today3 julio, 2025

Comarca

O San Paio da Estrada contará con 36 atraccións de feira e unha trintena de postos

A feira deste mércores celebrarase no lugar habitual, cambiando a do 25 de xuño o seu emprazamento para o estacionamento que delimitan as rúas Iryda e Ponteareas. Está previsto que as atraccións funcionen, dende este sábado ata o 30 de xuño, na Praza da Feira, Campo da Feira e aparcamento público da 25 de Xullo. A Estrada, 16 de xuño de 2025.- O Concello da Estrada está tramitando a documentación para a instalación de atraccións e postos ambulantes que encherán […]

today16 junio, 2025

Actualidad

Braga acolle a presentación internacional da Rapa das Bestas

Braga (Portugal), 12 de xuño de 2025. A cidade portuguesa de Braga acolleu este mércores a presentación oficial da edición 2025 da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis singulares e recoñecidas de Galicia, declarada de Interese Turístico Internacional. O acto puxo en valor a conexión cultural entre esta tradición ancestral e o Camiño da Geira e dos Arrieiros, que parte precisamente dende Braga. A delegación galega estivo formada por representantes do Concello da Estrada, da Asociación Rapa […]

today12 junio, 2025

Comarca

A Estrada sumarase á Mancomunidade Deza-Tabeirós en 2026

  “O que nos une é mellorar os servizos que temos sen repercutirllo aos cidadáns”, sinalou o alcalde estradense. Gonzalo Louzao defende que a entrada do Concello da Estrada nesta mancomunidade permitiralle aspirar a recursos exclusivamente reservados a entes de xestión conxunta e carácter supramunicipal. “Son millóns de euros que chegan directamente aos concellos e que non virían doutra maneira”, apuntou o dirixente.  O mandatario agradeceu a “xentileza” da Mancomunidade do Deza: “puideron mellorar a súa agrupación pero tiveron a […]

today4 junio, 2025

Comarca

A Estrada acolle este sábado a 200 deportistas na gala infantil de judo base

Aproveitando a montaxe para as exhibicións, realizaranse tamén os exames de cintos de deportistas pertencentes a categorías superiores. A Estrada, 4 de xuño de 2025.- Arredor de 200 deportistas participarán este sábado, 7 de xuño, na sétima edición da Gala Infantil de Kyus, unha cita de judo base na que os asistentes optarán ao cambio de grao como broche da tempada. A gala abrangue participantes dende os 3 anos ata a categoría alevín. Ademais, aproveitando a montaxe que se efectuará […]

today4 junio, 2025

Actualidad

A Estrada celebrará a XII Feira da Sidra o sábado 7 de xuño

Adquirindo o vaso conmemorativo desta edición a 7 euros, poderá degustarse a sidra dos 24 lagares participantes. A Estrada, 26 de maio de 2025.- Concello da Estrada e Asociación Maceira e Sidra traballan estes días de xeito coordinado nos últimos preparativos que comporta a organización da XII Feira da Sidra, que se celebrará na Praza da Constitución o sábado 7 de xuño. O edil de Promoción Económica, Óscar Durán, confirmou hoxe a implicación da hostalería local para acompañar a degustación […]

today26 mayo, 2025

Comarca

A Estrada penaliza á empresa da Festa do Maior por «incumprimento defectuoso»

  A intención do executivo é aplicar “as máximas penalidades que permite a lei” Notificarase a decisión á concesionaria deste servizo para cumprir coa quenda de alegacións A Estrada, 26 de maio de 2025.- O executivo estradense resolveu hoxe en Xunta de Goberno Local a imposición de penalidades á empresa que serviu a Festa do Maior o pasado mes de marzo por “cumprimento defectuoso” do contrato de servizo. Ao remate da sesión, o alcalde, Gonzalo Louzao Dono, sinalou que o […]

today26 mayo, 2025

AD