Ames acollerá un dos treitos do XXXVIII Rally Berberecho de Noia
A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do concello de Ames. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída […]