Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal de 2024
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2024 de forma gratuita. Coincidindo coa feira de mañá, venres 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30h na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 26 as persoas […]