Volve o Compostela Skate despois de dez anos da última edición
18/09/2024 Dez anos despois, Santiago volverá acoller un festival de deporte e música urbanos, grazas ao impulso da Concellaría de Xuventude. Trátase do Compostela Skate, un evento que reunirá aos mellores deportistas de toda Galicia na Praza da Constitución o próximo 28 de setembro. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o festival, acompañada polos seus coordinadores, Alberto Muíño e Rubén Varela, coñecido como DJ Mil. O Compostela Skate celebrou a súa […]