O PP compostelán denuncia a falta de política aeroportuaria do BNG
María Baleato manifestou que “desde que os nacionalistas están a gobernar a cidade, o que vemos é eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, así que o que lles queremos dicir, tamén, é que deixen de buscar culpables”. A popular lembrou que “xa no Pleno ordinario de febreiro, amosamos a nosa preocupación pola anunciada eliminación de 40.000 prazas na oferta de voos para o verán e polas reducións aeroportuarias, que pasaban […]