AD

compostela

807 Resultados / Página 49 de 90

Fondo
AD

Actualidad

Aitor Bouza califica o pleno das VUT como «un paripé» e afirma que «o tempo darame a razón»

O Partido Socialista de Santiago de Compostela atópase en plena crise tras a votación no pleno municipal sobre a ordenanza para regular as vivendas de uso turístico (VUT). Os seis concelleiros socialistas romperon a disciplina de voto establecida pola executiva local liderada por Aitor Bouza, e votaron a favor da ordenanza presentada polo goberno bipartito, en lugar de absterse como se lles ordenara. Aitor Bouza, secretario xeral dos socialistas composteláns, declarou hoxe en Radio Líder Santiago que "o tempo darame […]

today25 junio, 2024

Actualidad

Comunicado do PSOE en Santiago tras o cisma dos edís na votación das VUT

O Grupo Municipal Socialista no concello de Santiago de Compostela actuou no pleno celebrado esta tarde en contra dos acordos expresamente adoptados polos órganos locais de dirección do partido. O sentido do voto establecido pola Executiva Local era a abstención dado que a ordenanza que se aprobaba hoxe no pleno non tiña ningunha incidencia nin na prohibición nin na legalización das VUT. Compre lembrar que en Santiago xa estaban prohibidas as vivendas de uso turístico no casco vello e limitadas […]

today24 junio, 2024

Actualidad

Arranca o ciclo de cine ao aire libre na Alameda de Santiago

Este luns, a Alameda de Santiago acollerá o inicio do ciclo de cine ao aire libre, que se estenderá ata o xoves, 27 de xuño, con catro películas programadas. Esta iniciativa está organizada pola Consellería de Mocidade da capital galega. A primeira película que se proxectará será 'As Bestas', este luns ás 22.30 horas. Dirixida por Rodrigo Sorogoyen e protagonizada por Luis Zahera, a cinta recibiu o Premio Goya á mellor película en 2023 e recentemente gañou o César 2023 […]

today24 junio, 2024

Actualidad

Gana una cena para dos en Restaurante Raxoi respondiendo a esta sencilla pregunta

Radio Líder Santiago regala del 24 al 27 de junio una estupenda cena para dos personas en el Restaurante Raxoi, ubicado en el entorno de la Catedral La pregunta de esta semana es ¿cuál es tu plato favorito a la hora de cocinar?. Envía la respuesta en una nota de audio al WhatsApp de la emisora 633 57 17 65  Radio Líder Santiago ofrece durante los meses de junio a julio a todos sus oyentes la oportunidad de ganar cenas para […]

today23 junio, 2024

Actualidad

A Casa das Máquinas convertese nun novo centro sociocultural

22/06/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, participaron esta mañá no acto de apertura da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras, que se converte dende hoxe nun novo espazo dentro da rede de equipamentos socioculturais cos que xa conta Santiago. Asistiron tamén membros da corporación e representantes de diferentes asociacións e colectivos tanto do barrio como do conxunto de Compostela. A apertura da Casa das Máquinas foi tamén, tal e como explicou […]

today22 junio, 2024

Actualidad

Sumar Compostela apoia a ilegalización das VUT e critica ao PSdG polo «incoherente cambio»

Dende Sumar Terras de Compostela apoian a ilegalización daqueles pisos turísticos sen licenza municipal na cidade de Santiago de Compostela por parte do goberno da capital de Galicia. Do mesmo xeito, apoian tamén a paralización de licenzas para tendas de souvenirs no Casco Histórico como un mecanismo máis para fomentar un comercio de proximidade e recuperar poboación que forme parte do tecido social da cidade. Aseguran nunha nota de prensa que non se pode permitir que aquelas persoas que vulneran […]

today21 junio, 2024

Actualidad

A organización do San Xoán de Conxo reclama que o 24 de xuño sexa festivo en Santiago

Este venres, Eva Armental, presidenta da Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, presentou en Radio Líder Santiago a programación das esperadas Festas de San Xoán deste ano. O evento promete ser unha celebración vibrante das tradicións locais, cunha serie de actividades que inclúen a elaboración dos mecos, xogos tradicionais, sardiñada, e a emblemática cacharela de San Xoán. A programación comezou o pasado xoves 13 coa elaboración dos mecos de San Xoán. As actividades principais terán lugar o domingo 23 de […]

today21 junio, 2024

Actualidad

A Alameda acolle unha exposición sobre as persoas refuxiadas e migrantes

20/06/2024 Esta mañá quedou instalada na Alameda a exposición "Mira con outros ollos", impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. Trátase da mostra que xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021, e que fora vítima de actos vandálicos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explicou que "recuperando esta exposición queremos lanzar a mensaxe de que o Concello de Santiago non vai calar diante do […]

today20 junio, 2024

Comercio

A Praza Roxa acolle este mércores o Mercado das Alfaias: produto ecolóxico e de proximidade

20/06/2024 A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego, co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o […]

today20 junio, 2024

AD