Preto de 500 persoas celebraron as vodas de prata da Festa dos Maiores de Frades
27 de maio de 2024.- Preto de cincocentas persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXV Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao. Unha celebración que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños. A XXV Festa dos Nosos Maiores comezou coa tradicional misa das 13:30 […]