Aprobada inicialmente a modificación do PXOM para impedir edificar na Finca do Espiño
30/11/2023.- O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria de novembro, acordou de maneira unánime á aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprime o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro da Finca do Espiño "co obxectivo de preservar a calidade ambiental e paisaxística desta área", segundo indicou o concelleiro Iago Lestegás. A Corporación tamén aprobou por unanimidade dúas declaracións institucionais, a primeira para apoiar a equiparación real e efectiva das […]