Unha furgoneta queda calcinada tras incendiarse preto do campo de fútbol de Boiro
Esta mañá, unha furgoneta quedou totalmente calcinada logo de incendiarse mentres estaba estacionada nunha zona de monte próxima ao campo de fútbol Vista Alegre, no municipio coruñés de Boiro. Os servizos de emerxencia recibiron o aviso ás 11:25 horas e ata o lugar desprazáronse os bombeiros do parque provincial. Cando estes chegaron, o vehículo xa estaba completamente consumido polas lapas. O seu traballo centrouse en inspeccionar a zona para asegurar que non quedase ningún punto quente que puidese reactivar […]