Grande Amore desborda expectativas na convocatoria para gravar un videoclip en Arzúa
O líder de Grande Amore, Nuno Pico, participou este mércores en Radio Líder Santiago, xunto a Álvaro Veiga, para falar da gravación do videoclip de Voy pa Arzúa, incluido no seu último traballo discográfico III. O grupo, que segue gañando peso na escena musical galega, destaca polo seu estilo persoal e letras cargadas de identidade. A cita da rodaxe será este venres ás 22.00 horas no mítico Bar Pedrito de Arzúa, onde se gravará o videoclip da canción. O chamamento […]